Recursos do REA
| Clima perfecto | Ceo despexado | Nubrado | Treboada | Tormenta perfecta | |
|---|---|---|---|---|---|
| Xustificación da elección dos obxectos segundo o clima | Xustifica claramente e con argumentos sólidos a relación de todos os obxectos co clima correspondente. (1) | Xustifica correctamente a maioría dos obxectos segundo o clima asignado. (0.8) | Xustifica de forma básica a relación entre os obxectos e o clima, con algunhas imprecisións. (0.6) | A xustificación é pouco clara ou incorrecta para a maioría dos obxectos. (0.4) | Non xustifica a relación entre os obxectos e o clima asignado. (0.2) |
| Comprensión das diferenzas entre paisaxes dos distintos climas | Describe de xeito detallado e con exemplos claros as diferenzas entre paisaxes de diversos climas. (1) | Describe ben as diferenzas principais entre paisaxes de distintos climas. (0.8) | Describe algunhas diferenzas básicas entre paisaxes de diferentes climas. (0.6) | Identifica poucas diferenzas ou con confusións evidentes. (0.4) | Non identifica diferenzas entre os paisaxes dos climas. (0.2) |
| Coherencia na relación obxecto-clima | Relacións completamente coherentes, lóxicas e precisas para todos os casos. (1) | Relacións coherentes e adecuadas na maior parte dos casos. (0.8) | Relacións algo coherentes, pero con erros notables. (0.6) | Relacións pouco coherentes ou inadecuadas en varios casos. (0.4) | As relacións feitas non son lóxicas nin coherentes. (0.2) |
| Creatividade na explicación e reflexión | Reflexión creativa, ben argumentada e persoal que enriquece a explicación. (1) | Reflexión ben estruturada e con algunha creatividade. (0.8) | Reflexión simple, sen profundidade nin creatividade. (0.6) | Reflexión moi limitada ou pouco desenvolvida. (0.4) | Non ofrece ningunha explicación ou reflexión persoal. (0.2) |
| Uso correcto do vocabulario relacionado cos climas | Usa vocabulario específico, preciso e variado relacionado cos climas e paisaxes. (1) | Usa vocabulario correcto e adecuado á temática na maioría do tempo. (0.8) | Usa vocabulario básico e con algunhas inexactitudes. (0.6) | Usa vocabulario pouco axeitado ou con erros frecuentes. (0.4) | Non utiliza vocabulario específico ou o usa incorrectamente. (0.2) |
Completa a seguinte táboa seleccionando o nivel de consecución acorde a cada indicador.
Completa a seguinte táboa seleccionando o nivel de consecución acorde a cada indicador.
Completa a seguinte táboa seleccionando o nivel de consecución acorde a cada indicador.
| 4 Excelente | 3 Satisfactorio | 2 Mellorable | 1 Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Participación nas actividades | Sempre participas e axudas aos compañeiros/as. (4) | Case sempre participas e axudas aos compañeiros/as. (3) | Ás veces participas e axudas aos compañeiros/as. (2) | Non participas ou axudas aos compañeiros/as. (1) |
| Traballo en equipo | Sabes traballar en equipo e axuda ao grupo. (4) | Escoitas e traballas ben co grupo. (3) | Escoitas ás veces. (2) | Non escoitas aos demais. (1) |
| Realización das tarefas | Sempre fas as tarefas e axudas aos demais cando o necesitan. (4) | Cumpres coas túas tarefas. (3) | Fas algunhas tarefas, pero precisas de recordatorios. (2) | Non realizas as tarefas ou as deixas incompletas. (1) |
| Expresión de ideas | Comunicas de forma clara e segura. (4) | Explicas ben as túas ideas. (3) | Explicas algunhas ideas, pero con dificultade. (2) | Tes dificultades para expresar as túas ideas. (1) |
| Respecto e actitude | Sempre respectas aos demais e as normas, ademais de crear un clima agradable. (4) | Respectas aos demais e as normas (3) | Ás veces respectas aos demais e as normas. (2) | Non respectas aos demais nin as normas. (1) |
| Resultado do minimundo | O minimundo está ben construido con todos os seus elementos e realizas unha explicación moi satisfactoria. (4) | O minimundo está ben construído con todos os seus elementos e realizas unha boa explicación. (3) | Tes algún erro no minimundo ou na explicación. (2) | Non construíches ben o minimundo nin o explicaches de forma correcta. (1) |
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Lectura do texto | Le o texto de maneira expresiva e coidando os trazos propios da oralidade (ton, ritmo, entoación, énfase...). (1) | Le o texto de maneira expresiva e coidando a maioría dos trazos propios da oralidade (ton, ritmo, entoación, énfase...). (0.75) | Na lectura do texto non ten en conta todos os trazos propios da oralidade (ton, ritmo, entoación, énfase...). (0.50) | Na lectura do texto non ten en conta ningún dos trazos propios da oralidade (ton, ritmo, entoación, énfase...). (0.25) |
| Análise e comentario do texto | Demostra comprender en profundidade o texto, a intención do autor/a, e é capaz de relacionalo facilmente coas súas propias emocións e experiencias. (1) | Demostra comprender as principais ideas e sentimentos expresados no texto, e é capaz de atopar relacións coas súas propias emocións e experiencias. (0.75) | Demostra comprender algunhas das ideas e sentimentos expresados no texto, e é capaz de atopar algunhas relacións coas súas propias emocións e experiencias. (0.50) | Demostra non comprender a esencia do texto nin a intención do autor. Non é capaz de relacionalo coas súas propias emocións e experiencias. (0.25) |
| Manexo das ferramentas dixitais de gravación de audio | Usa as ferramentas dixitais sen ningún problema e aproveita todas as posibilidades que ofrecen. (1) | Usa as ferramentas dixitais sen grandes problemas e aproveita bastante ben as posibilidades que ofrecen. (0.75) | Usa as ferramentas dixitais con axuda e non aproveita todas as posibilidades que ofrecen. (0.50) | Ten bastantes problemas no uso das ferramentas dixitais e non aproveita as súas posibilidades. (0.25) |
| Asunción de tarefas | Asume con responsabilidade todas as tarefas que lle corresponden na elaboración do podcast. (1) | Asume con responsabilidade case todas as tarefas que lle corresponden na elaboración do pódcast. (0.75) | Asume só algunhas das tarefas que lle corresponden na elaboración do podcast. (0.50) | Non asume con responsabilidade as tarefas que lle corresponden na elaboración do podcast. (0.25) |
| Participación no traballo en equipo | Participa activamente no equipo achegando ideas e axudando, cando o necesitan, ao resto dos seus compañeiros/as. (1) | Participa bastante activamente no equipo achegando ideas e axudando, case sempre ao resto dos seus compañeiros/as. (0.75) | Participa polo xeral no equipo e, en ocasións, axuda ao resto dos seus compañeiros/as. (0.50) | Participa pouco no equipo e ofrece pouca axuda ao resto dos seus compañeiros/as. (0.25) |
| Excelente | Satisfactorio | Mellorable | Insuficiente | |
|---|---|---|---|---|
| Cantidade de información | Utiliza numerosas e diversas fontes de información (bibliografía, webgrafía, entrevistas…) que están relacionadas co tema. (1.25) | Utiliza numerosas e diversas fontes de información (bibliografía, webgrafía, entrevistas…) aínda que non todas aportan información relevante. (0.8) | Utiliza escasas e pouco diversas fontes de información aínda que todas están relacionadas co tema. (0.6) | As fontes consultadas son escasas, non aportan información relevante e algunhas non están relacionadas co tema. (0.4) |
| Calidade da información | Todas as fontes son de alta calidade, fiables e actualizadas. Completa con imaxes, gráficos, debuxos… que aportan maior información e matices ao texto. (1.25) | A meirande parte das fontes de información son de calidade, fiables e están actualizadas. Completa con algunha imaxe, gráfico o debuxo. (0.8) | Algunha das fontes de información consultadas non son fiables e/ou non están actualizadas. Os recursos complementarios (imaxe, gráfico, debuxo) non aportan información relevante. (0.6) | As fontes de información consultadas non son fiables e/ou non están actualizadas. Non aporta recursos complementarios (imaxe, gráfico, debuxo) ou estes non engaden información relevante. (0.4) |
| Conclusións e ideas clave | Responde correctamente á pregunta/reto presentada. Expresa con claridade as ideas clave do tema utilizando un vocabulario adecuado e suscita novos interrogantes. (1.25) | Responde correctamente á pregunta/reto presentada. Expresa as súas ideas de xeito claro e sinxelo. (0.8) | Aínda que contesta á pregunta/reto transmite as conclusións de forma confusa e imprecisa. (0.6) | Non resposta correctamente á pregunta/reto e non identifica as ideas clave do tema. (0.4) |
| Presentación | Información moi ben organizada e redactada. Sen erros gramaticais, ortográficos nin de puntuación. Resalta las ideas principais e utiliza recursos que axudan á comprensión do tema. (1.25) | Información ben organizada e redactada. Sen erros gramaticais, ortográficos nin de puntuación. (0.8) | A información está organizada aínda que na súa redación hai algún erro gramatical, ortográfico ou de puntuación. (0.6) | A información non está organizada e na súa redación hai bastantes erros gramaticais, ortográficos e de puntuación. (0.4) |
Podes atopar as solucións ás actividades propostas no REA na seguinte ligazón.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0