Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Este REA está deseñado para poder ser realizado cos seguintes materiais:

  • Ordenadores con conexión a internet. De non contar con ordenadores, pódese realizar en pantallas interactivas en gran grupo.
  • Caderno de área.
  • Documentos do REA facilitados en formato editable (ODT) e PDF. 
  • Material funxible: cartolinas, pinturas, folios...
  • Radio escolar ou ordenadores con gravadora de son.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Ao longo do REA desenvólvense actividades individuais coma en grupo. 

Para a realización das actividades grupais, a proposta é facer grupos con catro ou cinco alumnas e alumnos, nos que cada integrante adquira un rol determinado.

Deste xeito, poderemos levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo, co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.

Reto final

O produto final é desenvlover no reto final deste REA consiste na creación e exposición dun "minimundo" por equipos, no cal se represente un ecosistema.

O minimundo debe reflectir os aspectos traballados previamente: biótopo, biocenose, pegada ecolóxica humana e conciencia social.

Enfoque multinivel do reto

O deseño do "minimundo" pode abordarse aportando ao alumnado distintos niveis de información. Esto fai que o reto se poida multinivelar.

Ademais, durante toda a situación de aprendizaxe ofrécense actividades multiniveladas. Por exemplo:

Fase 2.4. Creamos unha atmosfera > Ti elixes! > Actividade despregable -  As capas da atmosfera.

Ofrece 3 niveis de concreción para que o alumnado complete segundo os seus coñecementos e habilidades.

Fase 3.3. Xogamos con este clima? > Tarefa sobre clima e ríos > 3. Lapbook.

Ofrece 3 niveis de complexidade que van dende completar poucas palabras á transferencia de aprendizaxes e o pensamento indutivo.

Fase 3.8. Educación viaria > Cada pardal co seu igual > Xoga coa sinalización.

Ofrece 3 niveis progresivos de dificultade para alumnado con diferentes habilidades de velocidade visual e lectoescritora.

Grazas ao material editable incluído nesta guía, o profesorado poderá adaptar o REA e o material ás características da súa aula ou aos contidos concretos que precise traballar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)