Criterios de avaliación e mínimos de consecución
| Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación | Unidade didáctica (Proens) | % (Orientación de Proens) |
|---|---|---|---|---|
| CA1.1 - Utilizar recursos dixitais de acordo coas necesidades do contexto educativo de forma segura e eficiente, buscando información, comunicándose e traballando de forma individual, en equipo e en rede. |
Utilizar determinados dispositivos e recursos dixitais de acordo co contexto. | TI |
3 4 |
10 % 10 % |
| CA1.2 - Formular preguntas e realizar predicións razoadas sobre o medio natural, social ou cultural, mostrando e mantendo a curiosidade. | Amosar curiosidade polo medio natural, social e cultural máis próximo. | TI | 3 | 10 % |
| CA1.3 - Buscar, seleccionar e contrastar información, e diferentes fontes seguras e fiables, usando os criterios de fiabilidade de fontes, adquirindo léxico científico básico, utilizándoa en investigacións relacionadas co medio natural, social e cultural. | Realizar actividades no contexto da comunidade escolar de forma cooperativa. | TI |
3 4 |
10 % 10 % |
| CA1.4 - Realizar experimentos guiados, utilizando diferentes técnicas de indagación e modelos, empregando de forma segura os instrumentos e dispositivos apropiados, realizando observacións e medicións precisas e rexistrándoas correctamente. | Realizar pequenos experimentos de xeito grupal e cooperativo e participar na posta en común de conclusións. | TI |
3 4 |
10 % 5 % |
| CA3.2 - Promover actitudes de igualdade de xénero e condutas non sexistas, analizando e contrastando condutas non sexistas, analizando e contrastando. | Coñecer o uso de linguaxes non sexistas en diferentes contextos culturais. | TI | 4 | 10 % |
| CA3.3 - Resolver de forma pacífica e dialogada os conflitos, promovendo unha interacción respectuosa e equitativa a partir da linguaxe inclusiva e non violenta e explicando e exercitando as principais normas, dereitos, deberes e liberdades que forman parte da Constitución española e da de Unión Europea, e coñecendo a función que o Estado e as súas institucións desempeñan no mantemento da paz, a seguridade integral cidadá e o recoñecemento das vítimas da violencia. | Participar en discusións e diálogos sinxelos respecto de problemas xerais, escoitando aos demais e facendo propostas. | TI | 4 | 10 % |
| CA4.1 - Valorar, protexer e mostrar actitudes de conservación e mellora do patrimonio natural e cultural a través de propostas e accións que reflictan compromisos e condutas en favor da sustentabilidade. | Amosar curiosidade polo patrimonio máis próximo. | TI | 3 | 10 % |
| CA2.1 - Identificar e analizar as características, a organización ne as propiedades dos elementos do medio natural, social e cultural a través da indagación utilizando as ferramentas e procesos adecuados. | Identificar certas características e elementos do medio natural, social e cultural. | PE (Non incluida) |
3 4 |
20 % 15 % |
| CA2.2 - Establecer conexións sinxelas entre diferentes elementos do medio natural, social e cultural, mostrando comprensión das relacións que se establecen. | Relacionar, de xeito básico, os diferentes elementos do medio natural, social e cultural. | PE (Non incluída) |
3 4 |
15 % 15 % |
| CA2.3 - Promover estilos de vida sustentable e consecuentes co respecto, os coidados, a corresponsabilidade e a protección das persoas e do planeta, a partir da análise crítica da intervención humana na contorna. | Coñecer diferentes problemáticas ecosociais e participar na conservación e mellora da contorna favorecendo o desenvolvemento sustentable. | PE (Non incluída) |
3 4 |
15 % 15 % |
| CA2.4 - Participar con actitude emprendedora na procura, contraste e avaliación de propostas para afrontar problemas ecosociais, buscar solucións e actuar para a súa resolución, a partir da análise crítica das causas e consecuencias da intervención humana na contorna. | Participar na resolución dos problemas ecosociais propoñendo respostas axeitadas. | PE (Non incluída) | 4 | 10 % |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | ||||