Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na programación didáctica modelo de PROENS de "Ciencias Sociais" de 6º de Educación Primaria.  Refírese ás unidades 3. Planeta e clima e 4. Vida sustentable en sociedade.

Neste REA, centrado na creación dun minimundo sostible e no estudo das zonas climáticas, os ecosistemas e a sustentabilidade, se tratarán os seguintes eixes:

  • Promoción dunha actitude crítica e reflexiva sobre a pegada ecolóxica e o impacto das actividades humanas no medio ambiente.
  • Desenvolvemento da capacidade para identificar e analizar os cambios nos ecosistemas e a importancia da súa preservación.
  • Estudo das grandes zonas climáticas, ecosistemas e paisaxes do planeta, fomentando o respecto pola diversidade natural.
  • Comprensión das interaccións entre os factores climáticos, a vexetación, a fauna e a actividade humana.
  • Desenvolvemento de habilidades para interpretar gráficas e datos relacionados co clima e o medio ambiente.
  • Mellora do vocabulario científico e capacidade para realizar investigacións relacionadas co medio natural e a sustentabilidade.
  • Reflexión sobre os dereitos, deberes e liberdades recollidos na Constitución española, promovendo valores como a responsabilidade cidadá e o compromiso co medio ambiente.
  • Aprendizaxe sobre as normas de seguridade viaria e o seu impacto na convivencia e a protección dos ecosistemas.
  • Uso de recursos educativos e ferramentas dixitais para investigar, reflexionar e comunicar as aprendizaxes adquiridas.
  • Creatividade aplicada ao deseño do minimundo sostible, integrando coñecementos científicos e sociais.

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) cos que conecta a unidade didáctica

Esta unidade didáctica está aliñada con varios ODS destacando os seguintes:

ODS 4: Educación de Calidade

Proporcionar unha aprendizaxe inclusiva e equitativa que desenvolva competencias globais e conciencia ambiental no alumnado.

ODS 11: Cidades e Comunidades Sostibles

Reflexionar sobre a importancia de crear espazos habitables sostibles, promovendo un equilibrio entre o desenvolvemento humano e o medio natural.

ODS 12: Produción e Consumo Responsables

Promover o consumo responsable e a redución da pegada ecolóxica individual e colectiva.

ODS 13: Acción polo Clima

  • Fomentar a educación ambiental e a acción responsable para combater o cambio climático.

ODS 15: Vida dos Ecosistemas Terrestres

  • Protexer, restaurar e promover o uso sostible dos ecosistemas terrestres, combatendo a degradación do solo e a perda da biodiversidade.

Deste xeito, a unidade didáctica promove non só o coñecemento científico e o pensamento crítico, senón tamén o compromiso co planeta e a sustentabilidade global.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA axústase ás seguintes Unidades Didácticas da programación didáctica de referencia publicada en PROENS (curso 2023-2024, na súa primeira edición) para o 6º curso de Educación Primaria na materia de Ciencias sociais:

  • UD 3. Planeta e clima.
  • UD 4. Vida sustentable en sociedade.

Este recurso recolle obxectivos contidos e competencias clave correspondentes aos seguintes bloques da materia:

  • Bloque 1: Ciencia e tecnoloxía
  • Bloque 2: O mundo e o desenvolvemento sostible.
  • Bloque 3: Vivir en sociedade.
  • Bloque 4: Leccións do pasado.
Contidos Bloque da materia
  • C1.1 - Fases da investigación científica (observación, formulación de preguntas e predicións, planificación e realización de experimentos, recollida e análises de información e datos, comunicación de resultados...). Iniciativa emprendedora.
  • C1.2 - Técnicas para unha adecuada exposición oral dos resultados dunha investigación, con claridade e orde.
    Presentación de resultados en formatos diversos.
  • C1.3 - Vocabulario científico básico relacionado coas diferentes investigacións. Realización dun glosario.
  • C1.4 - Fomento da curiosidade, a iniciativa, a constancia e o sentido da responsabilidade na realización das diferentes investigacións.
  • C1.5 - A relación entre os avances en matemáticas, ciencia, enxeñería e tecnoloxía para comprender a evolución da sociedade no ámbito científico-tecnolóxico.
  • C1.6 - Estratexias de procura e selección de información en Internet seguras e eficientes (valoración, discriminación, selección, organización e propiedade intelectual); recoñecemento de riscos asociados a un uso inadecuado e pautas de actuación.
  • C1.7 - Estratexias de recollida, almacenamento e representación de datos para facilitar a súa comprensión e análise, individual e cooperativamente, facilitando o diálogo e a resolución de conflitos.
Bloque 1
  • C2.2 -O clima e o planeta. Introdución á dinámica atmosférica e ás grandes áreas climáticas do mundo. Os principais ecosistemas e as súas paisaxes.
  • C2.3 - A contorna que nos rodea. A diversidade xeográfica de España e de Europa. Representación gráfica, visual e cartográfica a través de medios e recursos analóxicos e dixitais usando as tecnoloxías da información xeográfica (TIX).
  • C2.4 - O cambio climático. Responsabilidade ecosocial. Ecodependencia, interdependencia e interrelación entre persoas, sociedades e medio natural.
  • C2.5 - Axenda urbana. O desenvolvemento urbano sustentable. A cidade como espazo de convivencia.
  • C2.6 - Economía verde. A influencia dos mercados (de bens, financieiro e laboral) na vida da cidadanía. Os axentes económicos e os dereitos laborais desde unha perspectiva de xénero. O valor social dos impostos. Responsabilidade social e ambiental das empresas.
  • C2.7 - Estilos de vida sustentables: a pegada ecolóxica.
Bloque 2
  • C3.6 - Cidadanía activa. Fundamentos e principios para a organización política e xestión do territorio en España. Participación social e cidadá.
  • C3.8 - Seguridade viaria. Normas básicas de circulación, sinais de tráfico e marcas viarias. Condutas e hábitos viarios correctos. Causas e grupos de risco nos accidentes de tráfico.
Bloque 3
  • C4.5 - O patrimonio natural e cultural como ben e recurso; o seu uso, coidado e conservación.
Bloque 4

Este recurso está orientado a acadar os seguintes obxectivos da materia de Ciencias Sociais:

Obxectivos Descrición
OBX1 Utilizar dispositivos e recursos dixitais de forma segura, responsable e eficiente para buscar información, comunicarse e traballar de maneira individual, en equipo e en rede.
OBX2 Expor e dar resposta a cuestións científicas sinxelas, utilizando diferentes técnicas, instrumentos e modelos propios do pensamento científico, para interpretar e explicar feitos e fenómenos que ocorren no medio natural, social e cultural.
OBX3 Identificar as características dos diferentes elementos ou sistemas do medio natural, social e cultural, analizando a súa organización e as propiedades e establecendo relacións entre estes, para recoñecer o valor do patrimonio cultural, conservalo, melloralo e emprender accións para o seu uso responsable.
OBX4 Identificar as causas e consecuencias da intervención humana na contorna, desde os puntos de vista social, económico, cultural, tecnolóxico e ambiental, para mellorar a capacidade de afrontar problemas, buscar solucións e actuar de maneira individual e cooperativa na súa resolución, e para poñer en práctica estilos de vida sustentables e consecuentes co respecto, o coidado e a protección das persoas e do planeta.
OBX6 Recoñecer e valorar a diversidade e a igualdade de xénero, mostrando empatía e respecto por outras culturas e reflexionando sobre cuestión éticas, para contribuír ao benestar individual e colectivo dunha sociedade en continua transformación e ao logro dos valores de integración europea.
OBX7 Participar na contorna e na vida social de forma eficaz e construtiva desde o respecto aos valores democráticos, aos dereitos humanos e da infancia e aos principios e valores do Estatuto de autonomía de Galicia, da Constitución española e da Unión Europea, valorando a función do Estado e das súas institucións no mantemento da paz e da seguridade integral cidadá para xerar interaccións respectuosas e equitativas e promover a resolución pacífica e dialogada dos conflitos.

A continuación relaciónanse as competencias clave desenvolvidas no recurso cos descritores operativos.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: Competencia en comunicación lingüística. CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
CP: Competencia plurilingüe CP2, CP3
STEM: Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM4, STEM5
CD: Competencia dixital. CD1, CDD2, CD3, CDD4, CD5
CPSAA: Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA1, CPSAA3, CPSAA4
CC: Competencia cidadá. CC1, CC2, CC3, CC4
CE: Competencia emprendedora. CE1
CCEC: Competencia en conciencia e expresións culturais CCEC1, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)