Un século de revolucións
Unidade didáctica para o módulo 3 do ámbito social da Educación Secundaria de Adultos, na modalidade de educación a distancia semipresencial. Elaborada en eXeLearning.
Nesta unidade trátanse os acontecementos históricos que marcaron o devir do continente europeo e do resto do mundo, converténdose nas bases do noso mundo contemporáneo. As novas ideas da Ilustración que se desenvolveron no século XVIII van influír directamente nas ideas liberais propias do seguinte século.
A unidade divídese en tres partes: a guerra de independencia dos Estados Unidos e a Revolución Francesa; as revolucións liberais e o nacionalismo e, por último, a construción do Estado liberal na España do século XIX.
Ámbito Social