Music Factory unit 1
Music Factory é un proxecto interdisciplinar de oito unidades que abrangue o contido do curso completo da materia de Linguaxe Musical de 1º curso de Grao Elemental de Conservatorios en lingua inglesa.
Unidade 1
Discovering theory. Historia da notación musical - Pentagrama - Liñas divisorias - Claves de sol en 2ª liña e fa en 4ª liña - Notas, figuras e silencios musicais - Compás - Instrumentos Orff.
Let's sing! Identificación dos sons mi e sol en clave de sol en 2ª liña. Lectura melódico-rítmica entoada en clave de sol en 2ª liña cos sons mi e sol sen acompañamento e con acompañamento de instrumental Orff. Seguimento melódico en audición interna. Peza musical en 2/4.
Keeping the beat. Práctica rítmica e melódica das seguintes figuras: branca, negra e silencio de negra. Musicogramas. Identificación do compás binario, ternario e cuaternario. Cuestionarios.
Ear training. Recoñecemento auditivo e visual dos sons mi e sol e da figura negra e o silencio de negra.
Creative Lab. Actividade de percusión de mans sobre un ostinato rítmico presentado. Peza: Iko, Iko. Presentación do programa de notación musical Musescore.
Music around the world. Tanzania: “Simama kaa”. Coñecemento da peza e do significado da letra. Percusión de mans.
Language training. Práctica oral e escrita do léxico desta unidade.
Assessment. Actividades de avaliación do alumnado relativas ós contidos desta unidade. Cuestionario de avaliación, reflexión persoal e rúbrica.
Documents. Rúbrica da proposta educativa, manual de uso, guía didáctica e autoría dos recursos empregados.