Deportes e mates: Ximnasia artística
Esta unidade didáctica, ximnasia artística, é a 3ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre lectura e escritura números naturais, sumas, restas, multiplicacións, dobre e tripla, simboloxía e estratexias e procesos de resolución de problemas xunto coa ximnasia artística.