Puzle Matemático

Visto: 0 veces
2026-07-21

Puzle Matemático é un xogo interactivo de puzles cruzados no que o obxectivo principal é completar un taboleiro de 5X5 facendo que todas as igualdades (tanto en filas como en columnas) sexan matematicamente correctas. A finalidade é desenolver estratexias de cálculo mental. Para xogar, o usuario debe arrastrar e soltar ou facer clic nas pezas dispoñibles na parte inferior para colocalas nas casillas baleiras do taboleiro.

A oca do reloxo

Visto: 0 veces
2026-06-25

A oca do reloxo é un xogo educativo deseñado para que o alumnado automatice e domine a lectura das horas e a expresión do tempo en galego dun xeito lúdico, dinámico e moi visual. Inspirado no clásico xogo de taboleiro, esta versión dixital combina o avance do azar (o dado) con retos obrigatorios de interpretación horaria, sendo ideal para traballar na aula (en encerados dixitais ou tablets) ou na casa con outros compañeiros e compañeiras. Está pensado para 2, 3 ou 4 xogadores, permitindo ademais a personalización dos seus nomes antes de comezar.

Deportes e mates: Tenis e Bádminton

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, tenis e bádminton, é a 1ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre conteo, series, composición e descomposición de números ata 9.999, estratexias e procesos de resolución de problemas xunto con tenis e bádminton.

Deportes e mates: Tiro con arco

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, tiro con arco, é a 2ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre conteo, valor posicional de números ata 9.999,  sumas e restas, estratexias e procesos de resolución de problemas xunto co tiro con arco. 

Deportes e mates: Ximnasia artística

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, ximnasia artística, é a 3ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre lectura e escritura números naturais, sumas, restas, multiplicacións, dobre e tripla, simboloxía e estratexias e procesos de resolución de problemas xunto coa ximnasia artística.

Deportes e mates: Baloncesto

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, baloncesto, é a 4ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre lectura e escritura números, cálculo mental, multiplicacións, tempo e estratexias e procesos de resolución de problemas xunto co baloncesto.

Deportes e mates: Atletismo

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, atletismo, é a 5ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre valor posicional, números ordinais e cardinais, medidas de lonxitude e estratexias e procesos de resolución de problema, xunto co atletismo.

Deportes e mates: Natación

Visto: 0 veces
2024-04-24

Esta unidade didáctica, natación, é a 6ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre descomposición, medidas de lonxitude, multiplicacións e estratexias e procesos de resolución de problema, xunto coa natación.