Deportes e mates: Ciclismo
Esta unidade didáctica, ciclismo, é a 9ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre simboloxía, números ordinais, medidas de tempo, cálculo e estratexias e procesos de resolución de problema, xunto co ciclismo.