Deportes e mates: Fútbol
Esta unidade didáctica, fútbol, é a 8ª dun conxunto de 10, nas que se traballan as matemáticas conxuntamente cos deportes. Está dirixida a 3º de primaria, podendo facer as adaptacións que o profesorado considere oportunas. Concretamente neste caso inclúese información, actividades interactivas, xogos, proxectos finais, autoavaliación sobre operacións básicas, unidades de tempo, xeometría e estratexias e procesos de resolución de problemas, xunto co fútbol.