Bora aprender português 1 - Aula 3: Na segunda faço anos
O curso Bora para aprender portugués 1 está destinado a estudantes de 1º da ESO, ano que comeza a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira. Estruturado en sete ODEs temáticos, promove unha aprendizaxe progresiva, interactiva e orientada á comunicación, integrando contidos gramaticais e vocabulario esenciais para a vida cotiá.
No ODE 3: Na segunda faço anos, profundizamos nos novos aspectos da gramática portuguesa, concretamento o uso dos acentos gráficos e do til. Introdúcense os verbos regulares en -ir no presente do indicativo e o verbo fazer no mesmo tempo verbal. Trabállanse igualmente os números ate o 100 e expresións útiless para a comunicación cotiá.
No domínio da fonética, céntrase na pronuncia do ditongo nasal ão, típico do portugués europeo.
En termos de vocabulario, explórase o campo lexico da família, dos dias da semana, dos meses e de outras referencias temporais básicas.
Ao nível da comunicaçión, o alumnado aprende a agradecer, formular preguntas e conversar sobre a familia e os amigos. Realízanse prácticas sobre como convidar para festas de anos e falar sobre datas especiais.