Bora aprender Português 1: Aula 5: Que giro!

Visto: 60 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)

13/05/2025

Portada do ode5

O curso Bora para aprender portugués 1 está destinado a estudantes de 1º da ESO, ano que comeza a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira. Estruturado en sete ODEs temáticos, promove unha aprendizaxe progresiva, interactiva e orientada á comunicación, integrando contidos gramaticais e vocabulario esenciais para a vida cotiá.

No ODE 5: Que giro!, o alumnado profundiza os seus coñecementos gramaticais, con especial atençión aos pronomes demostrativos, a colocación e concordancia dos adxectivos e aos diferentes tipos de adxectivos. Introdúcense os adverbios de lugar e o verbo dizer no presente do indicativo.

No domínio da fonética, trabállase a pronuncia do dígrafo CH, fundamental na expresión oral en portugués europeo.

O vocabulario céntrase na roupa, nos accesorios, nas cores e nos estándares, permitindo ao alumnado describir con máis detalle a apariencia e o estilo das persoas.
No plano comunicativo, explórase a expresión de gostos e preferencias, o uso de frases típicas como “Sei lá!” e a descrición simple e expresiva da vestimenta de xeito cotiá.

Ficheiros relacionados:

Bora aprender Português 1: Aula 5: Que giro!

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (1 voto)
2025-05-13
Imaxe
Portada do ode5

O curso Bora para aprender portugués 1 está destinado a estudantes de 1º da ESO, ano que comeza a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira. Estruturado en sete ODEs temáticos, promove unha aprendizaxe progresiva, interactiva e orientada á comunicación, integrando contidos gramaticais e vocabulario esenciais para a vida cotiá.

No ODE 5: Que giro!, o alumnado profundiza os seus coñecementos gramaticais, con especial atençión aos pronomes demostrativos, a colocación e concordancia dos adxectivos e aos diferentes tipos de adxectivos. Introdúcense os adverbios de lugar e o verbo dizer no presente do indicativo.

No domínio da fonética, trabállase a pronuncia do dígrafo CH, fundamental na expresión oral en portugués europeo.

O vocabulario céntrase na roupa, nos accesorios, nas cores e nos estándares, permitindo ao alumnado describir con máis detalle a apariencia e o estilo das persoas.
No plano comunicativo, explórase a expresión de gostos e preferencias, o uso de frases típicas como “Sei lá!” e a descrición simple e expresiva da vestimenta de xeito cotiá.

Ficheiros relacionados
Recursos relacionados
Galego