Bora aprender português 1 - Aula 2: O que há na tua mochila?

Visto: 100 veces
Votos
Aínda sen votos

13/05/2025

Portada ode 2

O curso Bora para aprender portugués 1 está destinado a estudantes de 1º da ESO, ano que comeza a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira. Estruturado en sete ODEs temáticos, promove unha aprendizaxe progresiva, interactiva e orientada á comunicación, integrando contidos gramaticais e vocabulario esenciais para a vida cotiá.

No ODE 2: O que há na tua mochila?, profundiza en coñecementos gramaticais como a introdución do artigo indefinido e as súas contraccións. Trabállanse tamén os verbos regulares en -er no presente do indicativo e o verbo ter, no mesmo tempo verbal. Introdúcense os numerais cardinais e ordinais ate o 20.

No domínio da fonética, o alumnado aprende a pronunciar correctamente o dígrafo LH, común no portugués europeo.

En canto ao vocabulario, explórase o léxico relacionado coa escola: espazos escolares, disciplinas e materiais do día a día.

A nivel comunicativo, o alumnado practica dar e pedir informacións persoais e conversar sobre a escola e a súa rutina escolar, de forma simple, clara e eficaz.

Ficheiros relacionados:

Bora aprender português 1 - Aula 2: O que há na tua mochila?

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2025-05-13
Imaxe
Portada ode 2

O curso Bora para aprender portugués 1 está destinado a estudantes de 1º da ESO, ano que comeza a aprendizaxe do portugués como segunda lingua estranxeira. Estruturado en sete ODEs temáticos, promove unha aprendizaxe progresiva, interactiva e orientada á comunicación, integrando contidos gramaticais e vocabulario esenciais para a vida cotiá.

No ODE 2: O que há na tua mochila?, profundiza en coñecementos gramaticais como a introdución do artigo indefinido e as súas contraccións. Trabállanse tamén os verbos regulares en -er no presente do indicativo e o verbo ter, no mesmo tempo verbal. Introdúcense os numerais cardinais e ordinais ate o 20.

No domínio da fonética, o alumnado aprende a pronunciar correctamente o dígrafo LH, común no portugués europeo.

En canto ao vocabulario, explórase o léxico relacionado coa escola: espazos escolares, disciplinas e materiais do día a día.

A nivel comunicativo, o alumnado practica dar e pedir informacións persoais e conversar sobre a escola e a súa rutina escolar, de forma simple, clara e eficaz.

Ficheiros relacionados
Recursos relacionados
Galego