Deportes na Escola: Shuttleball ou Volantón
Esta unidade sobre o Shuttleball ou Volantón pertence a un conxunto de 8, nas que se traballan distintos deportes na escola. Está dirixida a ESO e Bacharelato, facendo as adaptacións que o profesorado estime oportunas segundo cada nivel. Nela inclúese información sobre regras básicas do deporte, quecemento específico, actividades interactivas, proxecto/s final/ais e autoavaliación do aprendido.