O cuco - Música

Visto: 277 veces
Votos
Aínda sen votos

12/06/2026

Miniatura recurso

O Cuco - Música é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O xogo combina contidos curriculares de Música cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.

Os cinco bloques temáticos traballados no recurso son:

  1. Teoría musical
  2. Familias de instrumentos
  3. Músicas do mundo
  4. Grandes compositores
  5. Música e músicos de Galicia
Ficheiros relacionados:

O cuco - Música

Visto: 0 veces
Votos
Aínda sen votos
2026-06-12
Imaxe
Miniatura recurso

O Cuco - Música é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O xogo combina contidos curriculares de Música cunha mecánica lúdica que favorece a motivación, a participación activa e a consolidación das aprendizaxes.

Os cinco bloques temáticos traballados no recurso son:

  1. Teoría musical
  2. Familias de instrumentos
  3. Músicas do mundo
  4. Grandes compositores
  5. Música e músicos de Galicia
Ficheiros relacionados
Recursos relacionados
Galego