Como pensan as máquinas?

Visto: 0 veces
2025-09-08

Esta proposta ten como obxectivo principal acercar e desmitificar ó alumnado os procesos do funcionamento interno da IA, dun xeito intuitivo e práctico. Partindo dun paralelismo entre pensamento humano e pensamento da máquina, iranse realizando actividades que introducirán os conceptos básicos subxacentes á IA (datos, tipos de algoritmos, tipos de aprendizaxe, modelos, o etc) . Realizarase unha reflexión transversal sobre o uso e limitacións desta tecnoloxía.

Fundamentos de programación en Python

Visto: 0 veces
2025-09-08

Esta proposta ten como obxectivo principal acercar ó alumnado a programación, dun xeito intuitivo e práctico. Partindo  das funcións de entrada/saída, iranse realizando actividades que introducirán as estruturas básicas (condicionais e bucles) e os conceptos asociados á programación por obxectos (clases, métodos, obxectos) . Realizarase un acercamento ó concepto e uso de librerías.

Ferramentas para IA. Cadernos de programación e librerías

Visto: 0 veces
2025-09-08

Esta proposta ten como obxectivo principal acercar e desmitificar ó alumnado os procesos de deseño interno da IA, dun xeito intuitivo e práctico. Partindo dunhas bases de programación en Python, iranse realizando actividades, para introducir as librerías que implementan os algoritmos e conceptos básicos subxacentes á IA ( Regresión, Clustering, Clasificación, etc) . Realizarase unha reflexión transversal sobre o uso e limitacións desta tecnoloxía.

O meu primeiro proxecto de IA

Visto: 0 veces
2025-09-08

Esta proposta ten como obxectivo principal acercar e desmitificar ó alumnado os procesos de deseño e implementación dun modelo de IA, dun xeito intuitivo e práctico. Partindo da obtención, procesamento e visualización de datos, crearase e adestrarase un modelo de IA,  analizando resultados e reflexionando sobre a súa optimización. Realizarase unha reflexión transversal sobre o uso e limitacións desta tecnoloxía

Proxecto BauGal_Tecno_ODE6: O paseo de Jane

Visto: 0 veces
2025-09-01

O Paseo de Jane é unha situación de aprendizaxe interdisciplinar que conecta as materias de Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía para invitar o alumnado a reflexionar sobre o lugar onde vive, analizando a cidade ou vila desde unha mirada crítica, sensible e creativa.

Trátase dunha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas situacións, avaliando o proxecto global.

Proxecto BauGal_Tecno_ODE5: Menos é máis

Visto: 0 veces
2025-09-01

Penúltima secuencia do proxecto de arquitectura bioclimática BauGal enfocada á documentación e divulgación do resultado do proxecto elaborado na secuencia anterior e vencellando este traballo co mundo laboral.

Son obxectivos específicos:

  1. Adquirir conciencia do papel da publicidade no noso sistema económico-social e coñecer ferramentas dixitais para deseñar e difundir a nosa propia marca (branding).