Music Factory 2. Unit 4

Visto: 0 veces
2025-09-17

Oito unidades didácticas que engloban todos os contidos da materia de Linguaxe Musical de 2º de Ensinanzas Elementais de Música empregando a lingua inglesa. Inclúe teoría, actividades interactivas,  propostas de práctica musical en todas as unidades e un proxecto cultural por trimestre.

Music Factory 2. Unit 3

Music Factory 2. Unit 2

Visto: 0 veces
2025-09-12

Music Factory 2. Unit 1

Liberté, égalité, diversité et inclusion

Visto: 0 veces
2025-09-10

Liberté, égalité, diversité et inclusion organízase en cinco unidades didácticas que permiten practicar a comprensión, a mediación e a produción orais e escritas en lingua francesa a partir da vida e da obra de persoas francófonas con diversidade funcional, e que son exemplos de inclusión nos seus ámbitos vitais e profesionais.

Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 5_ Menos é máis

Visto: 0 veces
2025-09-08

"Menos é máis" propón unha aproximación crítica e creativa ao mundo da publicidade. Partindo da análise de anuncios reais e da observación do uso social da linguaxe, o alumnado descubrirá como os discursos publicitarios inflúen nas nosas emocións, valores e formas de pensar. A través de actividades motivadoras —como a análise de carteis, xogos léxicos ou a creación de campañas propias— traballarase a linguaxe persuasiva, o poder das imaxes e a función dos neoloxismos na sociedade actual.

Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 4_ Mover os marcos

Visto: 0 veces
2025-09-05

"Mover os marcos" busca preparar as persoas estudantes para a súa inserción no mundo laboral desde unha perspectiva comunicativa e activa. 

A través da elaboración de documentos clave como o CV, a carta de presentación,  o correo electrónico formal ou a entrevista de traballo desenvolveranse tamén competencias transversais como a expresión oral, a capacidade de argumentación, a autocoñecemento e a sensibilización co patrimonio cultural. 

Proxecto BauGal_LINGUA_ODE 3_ O mellor de cada casa

Visto: 0 veces
2025-09-05

Todos os días recibimos información: nas redes, na tele, no móbil, nas conversas da clase... pero sabemos quen está detrás do que lemos ou escoitamos? Podemos fiarnos de todo o que circula nos medios de comunicación?

En "O mellor de cada casa" imos poñerlle voz a esas mulleres que fixeron cousas importantes… pero que foron esquecidas. E imos facelo como se fai no xornalismo: investigando, escribindo, entrevistando e compartindo a información.

Proxecto BauGal_Lingua_ODE2_A cidade é nosa

Visto: 0 veces
2025-09-05

En "A cidade é nosa" imos comezar unha viaxe distinta. Unha viaxe na que as palabras teñen poder, na que a nosa voz pode influír no mundo que nos rodea. Nesta secuencia didáctica, propoñémosvos mirar de fronte o lugar onde vivimos: as rúas, as prazas, os parques... e preguntarnos: Como podería ser mellor? Que podemos facer nós para cambialo?

Proxecto BauGal_Tecno_ODE6: O paseo de Jane

Visto: 0 veces
2025-09-01

O Paseo de Jane é unha situación de aprendizaxe interdisciplinar que conecta as materias de Lingua Galega e Literatura e Tecnoloxía para invitar o alumnado a reflexionar sobre o lugar onde vive, analizando a cidade ou vila desde unha mirada crítica, sensible e creativa.

Trátase dunha unidade de repaso e aplicación de todos os ODE do proxecto BauGal. Deseñando un "Paseo de Jane" poñeremos en práctica o aprendido nas situacións, avaliando o proxecto global.