Subimos ao Everest (Materiais para a materia de Promoción de estilos de vida saudables)

Visto: 0 veces
2018-05-03

Actividade que simula un percorrido dende o campo base do Everest. Permite facer cálculos de distancias, gasto calórico, tempos de recorrido, número de pasos, medición da frecuencia cardíaca e a tensión arterial, e facer unha proposta de menú para  cubrir a esixencia enerxetica da actividade. Ten tamén unha parte de execución de actividade física.

Somos activos - Somos saúde (Materiais para a materia de Promoción de estilos de vida saudables)

Visto: 0 veces
2018-05-03

Recomendacións para a elaboración do PANEL DA SAÚDE no centro educativo propio. Bases para elaborar unha campaña de promoción da saúde. Puntos de promoción do emprego das escaleiras. Deseño práctico dunha campaña de promoción. Propostas e elaboración do panel da saúde.

No camiño (Materiais para a materia de Promoción de estilos de vida saudables)

Visto: 0 veces
2018-05-03

Actividade que simula a execución dun tramo do Camiño de Santiago. Permite facer toda a planificación da ruta empregando guías dixitais e app. Demanda o análisis de dificultade dos percorridos, con datos de lonxitude, dificultade, tempo necesario e ritmo previsto. Inclúe o cálculo da frecuencia cardiaca (FC), o indice cardiaco máximo (ICM) e a zoa de actividade saudable (ZAS). Ten tamén unha parte de execución de actividade física.