A ergonomía
Definición
Chámase ergonomía ao deseño de produtos, ambientes, ou traballos de maneira que se adapten ás persoas para mellorar a súa calidade de vida; e chámase postura ergonómica a aquela que do xeito maís natural posible permite realizar unha actividade determinada sen producir molestar.
As estatísticas indícannos que case a metade dos escolares sofren problemas de costas. Polo que coñecer algunhas recomendacións para mellorar a ergonomía infantil reducindo así as molestias ou posibles lesións e malformacións é importante coma para prestarlle algunha atención.
Xa na aula ao sentarnos debemos adoptar unha boa posición en que tanto as articulacións coma os grupos musculares do corpo non sufran,e moito máis cando nos sentamos diante do computador na aula informatizada ou na biblioteca, pois os espertos aconsellan que a pantalla debe estar colocada a uns 45 centímetros de distancia, fronte aos ollos ou lixeiramente por baixo, que débese sentar de tal xeito que se poidan apoiar comodamente os antebrazos na mesa, formando unha ele cos nosos brazos. A cadeira debe situarse o máis preto do teclado para que non haxa que inclinarse cara a adiante ao escribir, as costas pegadas totalmente ao respaldo da cadeira e manter os xeonllos ao mesmo nivel ou por baixo das cadeiras.E tamén é moi importante que os pés estean sempre apoiados no chan para evitar malas posturas.
No ámbito escolar o emprego correcto da mochila é fundamental, xa que a carga débese repartir entre os dous ombreiros e os tirantes da mochila deberían ser anchos e acolchados. A carga transportada non debería superarar o 10% do peso dun. Algunhas mochilas xa dispoñen dun cinto axustado á altura do abdome ou do peito,similares as empregadas nas prácticas deportivas, que axudan a distribuír o peso entre os grupos musculares do noso corpo. A mochila debe ir pegada ao corpo á altura da zona lumbar por encima das nádegas e o seu tamaño non debe superar o noso torso ,e no caso de empregar as mochilas con rodas o máis recomendable sería alternar ambas mans para tirar delas.
"Infografía: Ergonomía Infantil | EROSKI CONSUMER" data dA consulta 2 febrero 2016, en http://www.consumer.es/web/es/salud/prevencion/2005/11/30/147379.php.