Definicións
AS LESIÓNS
- Escordadura, ocorre cando se forza en exceso un dos ligamentos articulares, as zonas mais propensas son os nocellos os xeonllos e pulsos, tamén as articulacións dos polgares de mans e pés.
- Luxación, saída dun óso da súa posición na articulación a causa dun movemento brusco ou golpe violento. O óso desprázase a nunha posición anormal polo que se observa unha deformidade na zona afectada.
- Fractura, ruptura dun óso despois de sufrir un golpe ou unha caída violentos. Son frecuentes cando se realiza unha actividade deportiva intensa sen un quecemento previo.
- Esgazadura muscular, ruptura das fibras dun músculo ou mesmo un músculo enteiro. Prodúcese ao traballar demasiado o músculo
- Contusión: mazadura por golpes violentos nos que dase un hematoma acompañado de dor
- Cambras: contracción muscular involuntaria producida polo esgotamento
As escordaduras do nocello están clasificados en 3 categorías.
Escordadura do nocello de primeiro grao: pequeno alongamento ou microdesgarre cunha dor leve con pouca ou ningunha inflamación da articulación e tamén cunha pouca molestia ao camiñar.
Escordadura do nocello de segundo grao:desgarre con dor moderada ou de importancia, acompañada dunha inflamación na articulación e con dificultade para camiñar, en que a contusión pode comezar despois de tres ou catro días
Escordadura do nocello de terceiro grao é o máis grave e na que a rotura total do ligamento pode impedir o camiñar acompañada dunha intensa inflamación e dor severa que ata pode precisar da ciruxía.
Coñecemos varios tipos de luxacións segundo a zona ou o lugar onde se dan.Así falamos de luxación de cadeira, ombreiro, cóbado, dedos e dedas, boneca, xeonllo...
Os tipos de fracturas máis comúns suceden a causas de caídas e golpes importantes que terminan por romper o óso.Van acompañadas dunha forte dor na zona e algúns outros síntomas como inflamacións e deformacións , dificultade de movementos, hematomas e moratóns.
Segundo a clasificación as roturas nos ósos poden ser parciais ou totais,(talo verde, sinxela e transversa) dividíndose entre abertas (pódense percibir a primeira ollada, xa que a pel pode mostrar a lesión e mesmo o óso pode traspasar o tecido e saír cara a fóra) e pechadas (o óso non chega a atravesar a pel e a primeira ollada non se pode detectar a rotura,que se verá ao facerse placas).
Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional License.