A seguridade
PERIGOS OBXECTIVOS
Os perigos obxectivos son todos aqueles que non podemos controlar de ningún xeito, xa que son propios do medio cambiante debido aos fenómenos da natureza,como por exemplo os temporais de neve, as treboadas, as temperaturas extremas, a escuridade,o vento,a choiva e a néboa, a caída de rocas, as gretas, precipicios...
PERIGOS SUBXECTIVOS
Os perigos subxectivos na montaña dependen totalmente de nós, e veñen dados pola nosa mala planificación ou polas nos propias limitacións. Algúns exemplos de exceso de confianza é emprender actividades que nos superan física ou tecnicamente, outras veces é o noso propio descoñecemento das técnicas axeitadas para a modalidade elexida, asumir demasiados riscos, ou por falta de adestramento.
RECORDA QUE É FUNDAMENTAL
Planificar as túas rutas
- Escolle unha rota acorde á experiencia e forma física do grupo,xa terás tempo de aumentar a distancia e dificultade. Ao principio sempe é mellor ascender primeiro as montañas más preto da túa casa, que emprender unha aventura lonxe.
- Antes de iniciar a ruta calcula o horario previsto, distancias e desniveis que debes superar. As ferramentas dispoñibles no internet fan posible planificar a rota con bastante precisión
- Consulta sempre a previsión meteorolóxica, empregando máis de un medio de información para contrastálos.
- Prepara unha ruta alternativa por se tes que acurtar a actividade debido a calquera continxencia. Contar con vías de escape ou altenativas ao regreso sano e salvo é vital.
- Non esquezas avisar onde vas e o horario no que tes previsto regresar. E sempre conta con compañia quie sirva de apoio.
Equípate ben
- Calzado apropiado,se a ruta é dunha duración considerable ,nunca estrees calzado ese día.
- Leva sempre una prenda de abrigo aínda que parezca que non a vas a necesitar.
- Chubasquero
- Gorra e protección solar-
- Mapa, compás ou GPS
- Teléfono móbil coa batería cargada
- Un pequeno Botiquín
- Lanterna ou frontal por se pensas que se che pode facer de noite.
- Chifre para avisar da túa posición ao resto do grupo se te extravías.
- Material técnico necesario para as circunstancis (actividade invernal, glaciar, tipo de escalada...)
Se prudente
- Valora de forma constante que o esforzo do resto do grupo non lle impida gozar da actividade
- Non te separes dos teus compañeiros e compañeiras, nin deixes a ninguén só
- Se é necesario, ten en conta as alternativas máis curtas ou dá a volta-Sempre podes voltarr outro día
- Bebe e come axeitadamente e protéxete do sol
- Emprega os mapas para guiarte e a túa previsión de horario para asegurarche que vas ben.
- Comproba que a meteoroloxía non supón un risco
Respecta a contorna, aos animais e as prantas
- Non interfiras na vida salvaxe e deixa a natureza igual que a atopaches..
"Consejos de la Guardia Civil para actividades de montaña en época invernal" da Guadi Cicvil baixo licenza Creative Commons Attribution license (reuse allowed)
ANTE UNHA TREBOADA NA MONTAÑA
"tormenta.png" modificada para a súa traducción e dispoñible libremente en http://www.rutinasvarias.com/2009/08/26/si-te-pilla-una-tormenta-en-la-montana para a súa descarga
A CONTINUACIÓN PODES VISIONAR A IMAXE COA LUPA CUNHA RESOLUCIÓN IDEAL DE ( 3 X 400 )
ALUDES
As avalanchas ou aludes son desprendementos masivos de pedras, terra ou neve.O desprazamento de terra cara abaixo,pode incorporar parte do substrato e da cobertura vexetal da pendente.
Ocorre por exemplo candpo a neve recen caída ou acumulada polo vento non chega a soldarse á superficie da capa preexistente. Noutros casos, a choiva empapa unha capa recente, que se desliza entón polo seu propio peso. As augas pluviais tamén poden infiltrarse entre dúas capas de neve e obrar entón como un lubricante que permite o deslizamiento da capa superior sobre a inferior. O mesmo ocorre se a auga penetra na neve.
Os cambios de temperatura ambiente tamén teñen a súa importancia. Un aumento importante da temperatura reduce a cohesión da neve, por iso os aludes son máis probables pola tarde que polas mañás, sobre todo naquelas pendentes que estiveron expostas aos raios solares durante as horas máis calorosas do día. Ás veces o brusco quecemento polo sol da mañá chega para provocar aludes nas pendentes abruptas orientadas cara ao leste. As condicións do chan que soporta a neve poden ser tamén determinantes.
Poden ser desencadeados por unha causa mínima aínda que capaz de vencer a escasa cohesión que retiña a masa de neve: un ruído, o desprendemento dunha rocha ou un bloque de xeo, ou o paso dun esquiador pola capa inestable.
Imaxe "añludes.png" de "Infografía:aludes" de Eoski consultado o 13 de febreiro de 2017 en http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/naturaleza/2010/03/28/192047.php
ANTE UN ACCIDENTE
Cando ocorra un accidente: mantén a calma, pensa e logo actúa
-
Analiza a situación
-
Protéxete, protexe ao ferido e ao resto do grupo
-
Examina e auxilia ao ferido
-
Valora se necesitas axuda externa
-
Recompila a información sobre o incidente e pide axuda ao 112. Se non tes cobertura, lembra cal foi o último lugar onde a había e desprázate alí
-
Pon en práctica os teus coñecementos de primeiros auxilios e emprega o botiquín
Protexe ao ferido, examínao e préstalle os primeiros auxilios.
-
Examina ao ferido: respiración,nivel de consciencia,feridas,posibles fracturas
-
Estabiliza a súa situación,na medida dos teus coñecementos e posibilidades (botiquín)
Non o dubides, se a situación é de emerxencia, avisa canto antes ao teléfono de emerxencias 112. A petición de axuda debe facerse coa maior precisión
-
Antes de facelo, recompila toda a información que poida ser útil para quen vai prestarche axuda:
-
Identidade, idade e número de feridos
-
Lugar e circunstancias do accidente
-
Se o accidentado: responde, sangra, respira ou ten dor
-
Condicións meteorolóxicas no lugar do accidente
Procura manterche en contacto cos equipos de rescate e facilitar o seu traballo
-
Permanece localizado para poder dar información complementaria ao equipo de rescate
-
Elixe o lugar máis apropiado para o socorro
-
Sigue as instrucións dos socorristas
CONSULTA O MANUAL DE PRIMEIROS AUXILIOS PARA CADA CASO
“Infografía-reanimación cardiopulmonar - Eroski”, , data da consulta 8 xullo 2016, en http://www.consumer.es/web/es/salud/investigacion_medica/2003/02/21/140043.php