Saltar navegación

Material

Equipamento técnico

Chamamos equipamento técnico a aquel material deseñado e fabricado especificamente para a realización dunha actividade concreta.Podemos camiñar co básico ou empregrar algún material máis técnico.Deste xeito falamos de botas, bastóns, pantalóns, calcetís, ..."de treking".Podemos ollar catálogos com miles de artículos ou productos para o senderimos, pero nos centraremos en tres: (calzado,bastóns e capas de roupa).

                    

“Infografía-como prepara una mochila- Eroski”, , data da consulta 8 xullo 2016, en http://www.consumer.es/web/es/viajes/ideas_y_consejos/2006/06/01/165294.ph

CALZADO

Existen tres tipos distintos de calzado no mercado para a realización do sendeirismo, axeitados as diferentes caracteríscas dos roteiros.

a) calzado brando (sola que non presente moita oposición á torsión)  para unha ruta dun só día sobre terreo sinxelo sen moitas complicacións.  Aseméllase moito a unha  zapatilla de atletismo, coa diferenza de que a sola ten maior agarre.
b) calzado  semiríxido para rutas con zona pedregosas ou de media montaña cunha  maior protección para os pés e nocellos
c) calzado ríxido para rutas de alta montaña. A sola deste calzado non cede apenas á torsión nin a flexión do pé, polo que non é tarefa sinxela andar con el 

Dende elixir a talla correcta do calzado ata como atar as botas son elementos aos que prestaremos atención antes de iniciar a marcha.

 

Vídeos realizados con la Escuela Valenciana de Alta Montaña (EVAM-FEMECV) y Antropovisión (www.antropovision.com).Licencia de Creative Commons

BASTÓNS

O uso duns bastóns, axustados á nosa altura mellora o noso equilibrio na marcha evitando lesións en nocellos e xeonllos e conquiren tamén  distribuír mellor o noso  peso,polo que  tardamos máis en cansarnos. Tanto os xeonllos como a propia columna o agadecerán sempe e cando os empreguemos corectamente. Ollar un exemplo nos axudará na práctica.

 

A ROUPA E AS CAPAS

A filosofía das tres capas da indumentaria técnica adoita comporse de tres capas básicas:

a) unha interior que se atopa en contacto coa pel, é importante que estea constituída con roupa que absorba a suor e expúlseo cara ao exterior da tea para facilitar a súa evaporación e evitar a sensación de estar mollados.

b) unha capa de illamento que leva encima da primeira e que pode estar formada por unha gran variedade de fibras e tecidos illantes. Abrigan aínda estando mollados es sécanse máis rápido 

c) unha capa exterior ou de protección contra o rigor do clima con tres características fundamentais: impermeable (para evitar que o seu abrigo se molle), cortaventos para que o aire frío non penetre e evitar así a perdida de calor, e  transpirable para que permita a evacuación da humidade por transpiración e non sentirnos mollados por dentro..