Matemáticas marcianas: operaciones combinadas por bloques

Visto: 0 veces
2024-02-09

Contido audiovisual motivador, interactivo, inclusivo, cooperativo e divertido. A través dunhas ledas alieníxenas procedentes de Marte, artéllase a teoría das operacións combinadas por bloques. Consiste nun método alternativo ao tradicional “xerarquía de operacións”. Dado que este tema resulta bastante difícil de asimilar polo alumnado, o material realizado evidénciase como un innovador procedemento visual e manipulativo. Co obxectivo de favorecer todos os estilos de aprendizaxe, o traballo consta de diversidade na tipoloxía das súas actividades.

Laboratorio Xeométrico. Visión holográfica 

Visto: 0 veces
2022-11-15

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido audiovisual interactivo baseado en hologramas que permite a visualización en 3D e en movemento de figuras xeométricas, dos seus elementos interiores e da animación dos seus despregues. Acompáñase dunha guía para a creación manual da pirámide holográfica que permite a proxección dos hologramas. Esta pirámide pode construirse de forma sinxela con elementos reciclados.

Tipo de recursos: 

  • Visor holográfico.

Número de sesións estimadas: 1.

Cálculo de volumes. Cociña Xeométrica

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Matemáticas

Descrición: Contido dinámico que permite iniciar ao alumnado no cálculo de volumes das figuras xeométricas a través da elaboración de comidas con formas xeométricas, seguindo paso a paso a súa receita para comprender o proceso de cálculo de volumes. 
Trabállase as fórmulas matemáticas, os elementos das figuras que interveñen no cálculo e as unidades para os seguintes corpos xeométricos: prisma triangular, prisma pentagonal, prisma hexagonal, pirámide cuadrangular, cono, cilindro e esfera.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos: