Un concello para nós

Visto: 0 veces
2025-07-30

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a área de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.

Partimos dunha situación de aprendizaxe na que o alumnado deberá resolver un reto que consiste na creación dun concello imaxinario para, a partir de aí, analizar o lugar onde vive e facer propostas á administración par melloralo. A tarefa está proposta en varias fases a través das que se traballan diversos contidos: os textos informativos, argumentativos e de opinión, o verbo, o debate e os xentilicios.

Cazando bulos

Visto: 0 veces
2025-05-16

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe crea un contexto de alfabetización mediática e científica, no cal o alumnado debe desenvolver a capacidade crítica para analizar e avaliar a información que recibe a través de redes sociais e medios dixitais.

El juego a través de los siglos

Visto: 0 veces
2025-05-16

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a área de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria.

Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado integrará aprendizaxe teórica con aprendizaxe vivencial arredor dos textos periodísticos de tipo expositivo como son as entrevistas e os textos argumentativos a través do debate. Mediante entrevistas recollerase información que posteriormente será utilizada para crear argumentos e celebrar un debate, no que analizarán e defenderán os xogos antigos e os modernos .

Xa lemos - ODE 10: Dígrafos CH, LL, NH

Visto: 0 veces
2025-05-12

10º ODE dun material, "XA LEMOS", composto por un total de 10 deseñado para consolidar a lectoescritura de sílabas directas e inversas con todas as letras do alfabeto da nosa lingua. Este material, que consta de 7 tipos diferentes de actividades interactivas e autoavaliables, é unha 2ª parte dun proxecto iniciado co material interactivo “Imos ler” que igualmente forma parte deste repositorio.

Xa lemos - ODE 9: Consoantes H, Ñ, X

Visto: 0 veces
2025-05-12

9º ODE dun material, "XA LEMOS", composto por un total de 10 deseñado para consolidar a lectoescritura de sílabas directas e inversas con todas as letras do alfabeto da nosa lingua. Este material, que consta de 7 tipos diferentes de actividades interactivas e autoavaliables, é unha 2ª parte dun proxecto iniciado co material interactivo “Imos ler” que igualmente forma parte deste repositorio.