Un, dous, tres, RadioPatio na onda

Visto: 219 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)

30/07/2025

Imaxe do REA06  de Lingua Galega e Literatura de 5º de educación primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Galega e Literatura de 5º de Educación Primaria.

O alumnado sitúase nun contexto real de comunicación e divulgación: detectar a falta de medios en galego dirixidos aos intereses do alumnado de 5º de Primaria. Partindo desta necesidade, a situación de aprendizaxe introduce ás alumnas e aos alumnos no mundo dos medios de comunicación, centrándose principalmente na radio como medio expresivo e informativo. Trabállanse as tipoloxías textuais propias do xénero radiofónico: guións, noticias, entrevistas, crónicas e cuñas publicitarias, sempre en lingua galega. O alumnado aprende a planificar, redactar e gravar contidos orais con claridade, entoación axeitada e estrutura coherente, desenvolvendo competencias lingüísticas, dixitais e de traballo colaborativo.

O reto principal consiste na elaboración e produción dun programa de radio escolar que faga un resumo dos principais acontecementos ou celebracións desenvolvidas no centro ao longo do curso.

Guía didáctica

Un, dous, tres, RadioPatio na onda

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (2 votos)
2025-07-30
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego