El juego a través de los siglos
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Lingua Castelá e Literatura de 5º de Educación Primaria.
Nesta situación de aprendizaxe, o alumnado integrará aprendizaxe teórica con aprendizaxe vivencial arredor dos textos periodísticos de tipo expositivo como son as entrevistas e os textos argumentativos a través do debate. Mediante entrevistas recollerase información que posteriormente será utilizada para crear argumentos e celebrar un debate, no que analizarán e defenderán os xogos antigos e os modernos .
O reto consiste na organización dun debate sobre o xogo tradicional e o xogo moderno. O debate seguirá un formato académico adaptado (tempos, quendas de palabra, moderación), e ao finalizar realizarase unha reflexión colectiva sobre o proceso, os argumentos máis convincentes e as habilidades comunicativas desenvolvidas.