Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso
Loitando pola igualdade de xénero
Glosario
Paritario
Definición:
Que existe igualdade no número e nos dereitos das persoas que compoñen un organismo, unha asociación...
Exemplo:
A representación paritaria nos postos directivos é necesaria para acadar a igualdade de xénero.
Micromachismo
Definición:
Actitudes, comportamentos ou comentarios, moitas veces inconscientes, que discriminan á muller.
Exemplo:
Pensar que a muller ten que recoller a mesa é un micromachismo.
Estereotipo de xénero
Definición:
Ideas preconcibidas sobre o papel, actitudes ou comportamentos que deben ter homes e mulleres.
Exemplo:
Moitos estereotipos de xénero son culturais.
Aínda queda moito camiño
A loita pola igualdade de xénero é un proceso no que se avanzou durante estas últimas décadas, pero aínda queda moito camiño por diante para acadala plenamente. Aquí tes dous vídeos para que reflexiones sobre unha das cuestións máis importantes relacionadas coa igualdade.
Non á violencia de xénero
Cánsaste de oílo, nós de vivilo. “A nosa voz. Máis alta. Máis clara. Máis forte”.
España é un dos países máis avanzados na loita contra a violencia de xénero en canto a medidas sociais e lexislativas, situándose nos primeiros postos europeos. Así, segundo o Índice Europeo de Igualdade de Xénero do EIGE (Instituto Europeo da Igualdade de Xénero), no ano 2024, España ocupou o cuarto posto.
Por que somos un país pioneiro?
Porque se crearon numerosos organismos, a nivel estatal, como o Ministerio de Igualdade ou o Instituto da Muller e, a nivel autonómico, como a Secretaría Xeral de Igualdade ou o Instituto da Muller.
Porque se elaboraron numerosas leis para conseguir ese obxectivo, como a "Lei para igualdade efectiva entre mulleres e homes", a "Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero" ou a "Lei de representación paritaria e presenza equilibrada de mulleres e homes", entre outras.
Porque se crearon xulgados especializados en tramitar casos de violencia de xénero.
Porque se levan a cabo numerosas campañas de sensibilización para toda a poboación.
Porque se estableceu un teléfono de axuda, a nivel estatal, (016) e, a nivel autonómico (900 400 273) , gratuítos, confidenciais e que funcionan os 365 días do ano e as 24 horas do día.
Porque existe unha rede de casas de acollida por todo o territorio.
Por que melloramos?
Porque se potencia a coeducación nas aulas a través de campañas e celebracións de días sinalados, como o 25 de novembro ou o 8 de marzo.
Porque se deu unha maior visibilidade ás mulleres na cultura: televisión, teatro, cine, literatura, artes plásticas...
Porque as novas xeracións están máis concienciadas e son moi activas en temas de igualdade, denunciando nas redes sociais acosos e micromachismos.
Porque as mulleres no Congreso representan case un 50 % do total das persoas deputadas.
Porque aumentou a taxa de emprego feminino, situándose case ao mesmo nivel ca dos homes.
Porque se incrementou o número de mulleres en cargos directivos nas empresas privadas e, sobre todo, na Administración Pública.
Porque o número de mulleres que se matriculan e rematan os estudos superiores é maior que o dos homes.
Que nos queda por facer?
Reducir os casos de violencia de xénero, que aínda son moi elevados.
Reforzar a formación na prevención da violencia de xénero e na educación afectivo-sexual, sobre todo, nas persoas máis novas.
Superar determinados estereotipos de xénero: hai máis mulleres nos estudos relacionados coa saúde (por exemplo, enfermería) ou coas humanidades (por exemplo, educación), e menos nos relacionados coas científico-tecnolóxicos (por exemplo, enxeñería).
Eliminar as diferenzas de salario que existen entre mulleres e homes á hora de desenvolver un mesmo oficio.
Conseguir a paridade nos postos directivos nas grandes empresas privadas e na Administración Pública.
Evitar que as tarefas domésticas e os coidados das persoas dependentes recaian maioritariamente nas mulleres.
Lectura facilitada
Nas últimas décadas avanzouse na loita pola igualdade de xénero. Pero queda moito camiño para acadala totalmente. Tes dous vídeos para reflexionar sobre a igualdade de xénero.
España é un dos países máis avanzados neste ámbito. No ano 2024 ocupou o cuarto posto no Índice Europeo de Igualdade de Xénero.
Medidas para promover a igualdade
Creáronse organismos como o Ministerio de Igualdade e o Instituto da Muller, en España, ou a Secretaría Xeral de Igualdade e o Instituto da Muller, en Galicia.
Elaboráronse leis como:
a Lei para a igualdade efectiva entre mulleres e homes
a Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero
Creáronse xulgados especializados en violencia de xénero.
Leváronse a cabo campañas de sensibilización.
Establecéronse teléfonos de axuda:
016, en España
900 400 273, en Galicia
Os teléfonos son confidenciais e funcionan as 24 horas do día durante todo o ano.
Existe unha rede de casas de acollida por todo o territorio.
Por que mellorou a igualdade de xénero?
Potenciouse a coeducación nas aulas.
Déronselle máis visibilidade ás mulleres na cultura, no cine, no teatro, na literatura e nos medios de comunicación.
As novas xeracións están máis concienciadas e activas en temas de igualdade.
As mulleres representan case o 50 % das persoas deputadas no Congreso.
Aumentou a taxa de emprego feminino.
Incrementouse o número de mulleres en cargos directivos das empresas e da Administración Pública.
O número de mulleres que cursan e rematan estudos superiores é maior ca o dos homes.
Que queda por facer?
Reducir os casos de violencia de xénero.
Reforzar a prevención da violencia de xénero e a educación afectivo-sexual.
Superar os estereotipos de xénero.
Reducir as diferenzas salariais entre mulleres e homes.
Conseguir unha maior presenza das mulleres nos postos directivos.
Repartir de forma máis equilibrada as tarefas domésticas e os coidados das persoas dependentes.
Audio
Apoio visual
Actividade de equipo: Traballando pola igualdade
Agora vas afondar no teu coñecemento sobre algúns dos aspectos que acabas de ver sobre a igualdade de xénero. Segue as seguintes instrucións:
Organizádevos en grupos de 4 persoas.
Investigade en que consisten os seguintes organismos e leis que traballan pola igualdade de xénero:
Organismos:
Ministerio de Igualdade
Instituto da Muller
Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Instituto da Muller
Leis:
Lei para igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Lei de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
Lei de representación paritaria e presenza equilibrada de mulleres e homes.
Buscaredes a información en Internet.
Finalmente, poñeredes a información en común co resto da clase.
Audio
Rúbrica da actividade: Traballando pola igualdade
Rúbrica para avaliar a actividade: "Traballando pola igualdade"
Un traballo excelente
Un bo traballo
Un traballo aceptable
Un traballo mellorable
Contido
A información recollida é moi completa e correspóndese co que se pide na actividade. (2)
A información recollida é bastante completa, aínda que falta algún dato. (1.5)
Recolle a información básica solicitada, pero faltan varios datos ou explicacións. (1)
A información recollida apenas se corresponde co que se pide na actividade. (0.5)
Organización da información
A información está moi ben organizada e ordenada. (2)
A información está bastante ben organizada e ordenada. (1.5)
A información segue unha certa orde, aínda que a organización podería mellorarse. (1)
A información non está nada organizada nin ordenada. (0.5)
Expresión escrita
A información é moi clara e compréndese sen ningunha dificultade. (2)
A información é clara e compréndese bastante ben. (1.5)
Compréndese a maior parte da información, aínda que presenta algunhas dificultades de claridade. (1)
A información é confusa e de difícil comprensión. (0.5)
Búsqueda de información
O alumnado buscou a información sen ningún tipo de axuda. (2)
O alumando buscou a información, pero precisou algunha axuda. (1.5)
O alumnado precisou bastante axuda para localizar a información. (1)
O alumnado precisou axuda constante para buscar a información. (0.5)
Exposición oral
A exposición da información enténdese moi ben. (2)
A exposición da información enténdese ben. (1.5)
Enténdese a idea xeral, aínda que con dificultades. (1)
A exposición da información apenas se entende. (0.5)