Saltar navegación

4.1. Reto 1: Informando con infografías

Que tedes que facer?

Planificación

En grupos, planificaredes a elaboración dunha infografía que recolla os aspectos principais dos sectores económicos da  Unión Europea e ideas de desenvolvemento económico e sostible ambientadas na vosa contorna tendo en conta a distribución da poboación e a demografía. A infografía debe conter mapas e gráficas.

Este traballo servirá de material visual para colocar nun panel informativo da asociación á que pertencedes.

Lectura facilitada

Traballaredes en grupo.
Debedes crear unha infografía.

A infografía debe incluír:

  • información sobre os sectores económicos da Unión Europea
  • propostas para un desenvolvemento sostible
  • información sobre a poboación e a demografía
  • mapas e gráficas

A infografía servirá para informar a outras persoas.
O traballo colocarase nun panel informativo da asociación.

Obxectivos

Pictograma obxectivo

  • Dar a coñecer a realidade económica da Unión Europea.
  • Propoñer ideas de desenvolvemento económico sostible tendo en conta  a realidade demográfica e o seu impacto no medio.
  • Ser capaz de elaborar información para a súa divulgación e producir ideas propias par a resolución de problemas.

Organización e preparación

1. Planificación do grupo

  • Formar grupos de 2 ou 3 persoas.
  • Escoller o sector económico que van traballar: primario, secundario ou terciario.
  • Distribuír roles dentro do grupo (opcional): persoa encargada da investigación, do deseño, da redacción...
  • Definir que información queredes incluír na infografía.

2. Investigación

  • Buscar información sobre o sector: tipo de actividade, produtos ou servizos principais.
  • Identificar un exemplo real de desenvolvemento sostible neste sector.
  • Establecer relacións co reto demográfico.
  • Tomar notas curtas e claras que logo se poidan traducir a frases sinxelas na infografía.

3. Estrutura e deseño da infografía

  • Decidir como organizar a información: título, descrición, exemplo, idea sostible, relación co reto demográfico e ilustración.
  • Escoller cores e elementos visuais que axuden a entender rapidamente a información.
  • Planificar a disposición do contido no cartaz ou en soporte dixital.

4. Creación da infografía

  • Escribir frases curtas e palabras clave, evitando textos longos.
  • Engadir ilustracións, iconas ou símbolos para que sexa máis visual.
  • Revisar que a información sexa clara e comprensible para persoas que acaban de chegar a Galicia ou a España.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)