Despois de todo o traballado na fase 3, xa sabedes moito sobre distintos aspectos económicos, políticos e sociais de Galicia, de España e de Europa.
Agora estades preparados e preparadas para o reto final. Poderedes difundir as principais características da realidade económica, cultural e social da Unión Europea e do país no que vivides e facer propostas reais de desenvolvemento sostible tendo en conta o reto demográfico actual.
Imos aló! É o momento de demostrar o aprendido.
Lectura facilitada
Xa aprendestes moitas cousas na fase 3.
Agora coñecedes mellor a economía, a política e a sociedade de Galicia, de España e de Europa.
Chegou o momento do reto final.
Neste reto poderedes:
- Explicar as principais características da Unión Europea.
- Explicar como é o país no que vivides.
- Dar a coñecer aspectos económicos, culturais e sociais.
- Propoñer ideas para un desenvolvemento sostible.
- Ter en conta os cambios na poboación, como o envellecemento ou a perda de habitantes nalgunhas zonas.
Agora é o momento de demostrar todo o que aprendestes.
Adiante!
Cando comezastes a traballar neste REA a profesora formulouvos unha situación de partida ben concreta: