Saltar navegación

2. Un punto de partida

 

Glosario

Economía

Imaxe con gráfico, moedas e billetes

Definición:

Ciencia que estuda as actividades relacionadas coa obtención, produción, distribución e consumo dos bens materiais e dos servizos.

Exemplo:

A economía dos países desenvolvidos baséase principalmente nos servizos.

Poboación

Imaxe de persoas

Definición:

       Conxunto de persoas que viven nun lugar.

Exemplo:

A poboación galega alcanza case os tres millóns de persoas.

Sociedade

Imaxe dun grupo de persoas

Definición:

Conxunto de persoas que se organizan e relacionan seguindo unha serie de normas.

Exemplo:

A base dunha sociedade xusta é o respecto a todas as persoas.

Refresca o que sabes

Imaxe dunha persoa mirando un enceradoAntes de iniciar o reto farás un repaso dos coñecementos previos sobre a economía, a poboación e a sociedade do mundo no que vives.

Adiante!

Lectura facilitada

Antes de comezar o reto, repasarás os coñecementos previos.
Estes coñecementos son sobre a economía, a poboación e a sociedade.
Son do mundo no que vives.
Adiante!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)