Lanzámonos a polo reto!
Formas parte dunha asociación cultural xuvenil que traballa para promover a inclusión e o respecto entre persoas de diferentes culturas. Esta asociación foi contratada por unha entidade pública europea para crear materiais didácticos e campañas de sensibilización destinados a que as persoas que chegan ao continente europeo, e en concreto a Galicia e a España, coñezan as súas principais características a nivel económico, demográfico, social e cultural.
Lectura facilitada
Formas parte dunha asociación cultural xuvenil.
Traballas para promover a inclusión e o respecto entre persoas de diferentes culturas.
Contrátavos unha entidade pública europea.
Tedes que crear materiais didácticos e campañas de sensibilización.
O traballo é para persoas que chegan ao continente europeo, a Galicia e a España.
O obxectivo é que coñezan as principais características económicas, sociais e culturais desas zonas.
En grupos ou de forma individual, deberás elaborar os seguintes produtos finais:
Cando superes o reto serás capaz de: 