| Título |
Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso |
|---|---|
|
Descrición |
Este REA é o número 4 — dun total de 6— da proposta cREAgal para Xeografía e Historia en 3º ESO. A situación de aprendizaxe aborda o funcionamento do mercado europeo e o papel de España e Galicia no seu interior, así como as características dos sectores primario, secundario e terciario. Analízanse os aspectos económicos máis salientables e compárase a evolución da poboación europea, española e galega, identificando os principais retos demográficos actuais. Ademais, trátanse os cambios nos modos de vida e a diversidade social, co obxectivo de favorecer unha comprensión global da realidade económica, demográfica e social do territorio nun contexto europeo interconectado. Proponse un reto para que o alumnado prepare materiais didácticos e de sensibilización sobre economía, demografía e sociedade para persoas migrantes. |
| Persoas elaboradoras |
Alba Pérez Argibay |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "Todas as persoas suman: construíndo un mundo diverso"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
