Saltar navegación

Así somos!

 

Glosario

Domótica

Imaxe dunha man manipulando un móbil

Definición:

Conxunto de sistemas tecnolóxicos que permiten controlar de forma intelixente as vivendas.

Exemplo:

Grazas á domótica podo acender a calefacción desde o móbil.

Fenda dixital

Imaxe de equipos informáticos

Definición:

Desigualdades relacionadas co acceso ás novas tecnoloxías.

Exemplo:

A fenda dixital é un problema para moitas persoas maiores.

Intelixencia artificial

Imaxe dun cerebro conectado a servidores informáticos

Definición:

Sistema tecnolóxico que permite desenvolver a equipos informáticos algunhas capacidades humanas como a aprendizaxe ou a resolución de problemas.

Exemplo:

A Intelixencia artificial ten que ser un medio e non un fin. 

LGTBIQ+

Imaxe dunha bandeira do arco da vella símbolo do colectivo LGTBIQ+

Definición:

Acrónimo que significa: lesbianas, gays, transxénero, bixexuais, intersexuais, queer e outras identidades non mencionadas.

Exemplo:

En España avanzouse a nivel lexislativo e social nos dereitos LGTBIQ+.

Como é a sociedade actual?

Como estás a ver, a sociedade cambiou moito nos últimos 30 anos, sucedéndose unha serie de cambios que fixeron que sexa moi heteroxénea. A continuación, analizaremos as principais características da sociedade actual:

Lectura facilitada

A sociedade cambiou nos últimos trinta anos.

Os cambios deron lugar a unha sociedade moi heteroxénea.

Analizaremos as principais características da sociedade actual:

Unha sociedade máis tecnolóxica

O mundo actual non se concibe sen a tecnoloxía.
Ese proceso comezou a principios dos 90.
Nesa época apareceron os primeiros ordenadores persoais.
Dez anos despois apareceu Internet.

Na actualidade marcan a vida da xente:

  • as redes sociais
  • a tecnoloxía móbil 5G
  • a dixitalización dos procesos administrativos
  • a domótica
  • o teletraballo
  • o uso de robots nos procesos de produción das fábricas
  • a intelixencia artificial

Problemas derivados da tecnoloxía

  • A fenda dixital:
    • afecta a moitas persoas maiores
    • tamén aparece en grupos sociais con menos recursos
    • e en zonas con peor acceso ás tecnoloxías
  • Problemas relacionados co uso da tecnoloxía:
    • uso excesivo do móbil
    • uso excesivo das redes sociais
  • O ciberacoso:
    • acoso a través de internet
  • A ciberdelincuencia:
    • estafas e delitos a través de internet
  • As teorías negacionistas:
    • cuestionan a esfericidade da Terra
    • negan o cambio climático
    • poñen en dúbida a eficacia das vacinas

Unha sociedade máis solidaria

Vives nunha sociedade comprometida.

Que busca a consecución, obtención e conservación dunha serie de dereitos relacionados:

  • coas persoas migrantes
  • co cambio climático
  • coa igualdade das mulleres
  • coas persoas que sofren as consecuencias dos conflitos bélicos
  • coas persoas do colectivo LGTBIQ+
  • cos grupos sociais máis desfavorecidos a nivel económico e social

Unha sociedade máis democrática

A Democracia está plenamente asentada no país.
Cunha gran variedade de ideoloxías políticas.

Nalgúns países do mundo comézase a cuestionar a democracia.
Noutros implántanse modelos de carácter totalitario.
E recórtanse moitos dereitos básicos. 

Unha sociedade máis informada

Vives nunha sociedade con moita información.

A información recíbese a través de:

  • a televisión
  • a radio
  • os xornais
  • internet

É posible coñecer o que sucede en calquera parte do mundo en tempo real.

Pero tamén existen algúns problemas:

  • Exceso de información:
    • dificulta procesar toda a información
    • fai máis difícil distinguir o que é verdadeiro e o que é falso
  • As fake news ou noticias falsas:
    • difúndense por internet
    • poden crear alarma social
    • poden enganar ou manipular as persoas

Apoio visual

Esquema resumo de como somos

Cales son os problemas e retos de futuro da sociedade actual?

Como ben podes comprobar polas noticias que ves ou escoitas, na sociedade na que vives hai unha serie de problemas que, ao mesmo tempo, son retos de futuro:

  • Moitas persoas teñen serias dificultades para poder comprar ou alugar unha vivenda polo seu alto prezo.
  • Os soldos son moi baixos e hai moita temporalidade, sobre todo, nos traballos da xente moza.
  • A nivel político, a sociedade está moi polarizada en bandos ideolóxicos, como se observa nos debates políticos, na prensa, nas redes sociais...
  • Existe un problema de despoboamento rural, é dicir, cada vez hai menos xente vivindo no campo polas escasas opcións de futuro que ofrece a nivel laboral.
  • A nivel económico e laboral, séguese a ter unha excesiva dependencia do turismo ou da construción
  • Hai un preocupante ascenso da pobreza infantil e do número de persoas que non teñen cubertas as súas necesidades básicas
  • A xente nova é máis cosmopolita, pero detéctase certo descoñecemento en aspectos importantes da cultura, da historia, da sociedade e da actualidade do propio país
  • Moitas persoas teñen como referencia principal en cuestións médicas, científicas ou sociais as opinións de youtubers, deportistas...moitas delas sen ningún tipo de criterio científico.

Lectura facilitada

A túa sociedade ten problemas e retos de futuro:

  • Dificultades para comprar ou alugar unha vivenda polos altos prezos.
  • A xente nova ten soldos baixos e empregos temporais.
  • Existe un problema de despoboamento rural.
    Hai menos xente vivindo no campo pola escasa oferta laboral.
  • Hai unha forte dependencia do turismo e da construción.
  • Medraron:
    • a pobreza infantil
    • o número de persoas que non teñen cubertas as súas necesidades básicas
  • Hai polarización política:
    • nos debates políticos
    • na prensa
    • nas redes sociais
  • A xente nova é máis cosmopolita.
    Pero ás veces descoñece aspectos importantes do propio país:
    • a cultura
    • a historia
    • a sociedade
    • a actualidade
  • Moitas persoas toman como referencia opinións difundidas por:
    • youtubers
    • deportistas
  • Moitas destas opinións non teñen base científica.

Apoio visual

Esquema cos problemas de futuro da sociedade actual

Verdade ou mentira

Acabas de ver as características, os problemas e os retos de futuro da sociedade na que vives. Agora, tes que indicar se as seguintes afirmacións sobre a sociedade na que vives son verdadeiras ou falsas

Pregunta 1

O ciberacoso e a ciberdelincuencia son dous problemas actuais na Rede.

Pregunta 2

As fake news son noticias verdadeiras que se difunden por Internet teñen o obxectivo de crear un debate social.

Pregunta 3

Os problemas psicolóxicos en moitas persoas derivan do uso do móbil ou das redes sociais. 

Pregunta 4

Os soldos son altos, sobre todo, nos traballos da xente nova.

Pregunta 5

Moitas persoas teñen como referencia principal en cuestións médicas, científicas ou sociais as opinións de youtubers, deportistas.

Pregunta 6

Non existe un problema de despoboamento rural, xa que moitas persoas marchan da cidade ao campo. 

Pregunta 7

A sociedade actual non é nada comprometida. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)