Saltar navegación

2.1. A economía: facendo contas

A economía divídese en tres sectores:

Sector primario

Imaxe de animais de granxaO sector primario agrupa todas aquelas actividades económicas que se basean na extracción ou obtención de materias primas da natureza. Nestas actividades inclúense a pesca, a agricultura, a gandaría, a explotación forestal e a minaría.

Sector secundario

Imaxe dunha fábrica con chemineasO sector secundario agrupa todas aquelas actividades económicas que se basean na produción de bens materiais ou de produtos elaborados. Nestas actividades inclúense a industria e a construción

Sector terciario

Imaxe de dúas persoas limpadorasO sector terciario agrupa todas aquelas actividades relacionadas coa distribución e a venda de bens materiais ou de servizos. Nestas actividades inclúense a sanidade, a educación, o comercio, o transporte...

Lectura facilitada

A economía divídise en tres sectores:

  • O sector primario
    • Agrupa as actividades baseadas na extracción ou na obtención de materias primas da natureza.
    • Inclúense:
      • a pesca
      • a agricultura
      • a gandaría
      • a explotación forestal
      • a minaría
  • O sector secundario
    • Agrupa as actividades que se basean na produción de bens materiais ou de produtos elaborados.
    • Inclúense:
      • a industria
      • a construción
  • O sector terciario
    • Agrupa as actividades relacionadas coa distribución e venda de bens materiais ou de servizos.
    • Inclúense:
      • a sanidade
      • a educación
      • o comercio
      • o transporte

Outros sectores económicos

Sabías que...?


Podemos falar doutros dous sectores:

Sector cuaternario

Imaxe dunha lupa e un gráficoO sector cuaternario baséase nas actividades relacionadas coa investigación e o desenvolvemento tecnolóxico, por exemplo, unha empresa de biotecnoloxía.

Sector quinario

imaxe dunha persoa voluntariaO sector quinario baséase nas actividades sen ánimo de lucro, por exemplo, unha ONG.

Lectura facilitada

Ademais dos tres sectores principais, existen outros dous sectores:

  • O sector cuaternario
    • Inclúe actividades relacionadas coa investigación e coa tecnoloxía.
    • Por exemplo, unha empresa de biotecnoloxía.
  • O sector quinario
    • Inclúe actividades que non buscan obter beneficios económicos.
    • Por exemplo, unha ONG.

Audio

Feito con eXeLearning (Nova xanela)