Saltar navegación

3. Construíndo unha identidade común

O camiño a seguir


Nesta fase afondaredes para entender a vosa identidade, de onde vimos e como estamos conectados/as co resto de Europa. Precisades comprender como funcionan a economía, a poboación e os cambios sociais en Galicia, España e na Unión Europea. Só así poderedes crear materiais que realmente axuden outras persoas que chegan ao noso territorio a coñecer mellor o contorno no que van vivir.

Primeiro, achegaraste a Unión Europea e na súa economía. Descubrirás o lugar que ocupan Galicia e España dentro da economía europea.

A continuación mergullaraste nos grandes cambios demográficos e os novos modos de vida. Tamén descubrirás as políticas demográficas que se están a implementar tanto dende o punto de vista estatal como autonómico.

E para rematar, afondarás na diversidade: entenderás como é a sociedade actual, por que “canta máis variedade, mellor” e como a igualdade de xénero é unha parte fundamental desa identidade común que estamos a construír entre todas as persoas.

Esta fase axudarache a comprender mellor o mundo no que vives e a dar sentido ao reto final: crear materiais capaces de explicar de maneira clara, útil e respectuosa como funciona a economía, como evoluciona a poboación e como cambia a sociedade en Galicia, en España e na Unión Europea.

Ilustración que mostra o percorrido polos contidos da fase 3 para chegar ao reto

Lectura facilitada

Nesta fase traballaredes aspectos relacionados coa identidade, a historia e a relación de Galicia con Europa.

Para realizar o reto, é necesario comprender varios aspectos da realidade actual:

  • a economía
  • a poboación
  • os cambios sociais

Estudaranse estes aspectos en:

  • Galicia
  • España
  • a Unión Europea

Estes coñecementos axudarán a crear materiais útiles para as persoas que chegan ao noso territorio.

Primeiro, estudarase a Unión Europea e a súa economía.
Analizarase o papel de Galicia e de España dentro da economía europea.

Despois, traballaranse os cambios da poboación e os novos modos de vida.
Tamén se coñecerán algunhas medidas para afrontar os retos demográficos.

Para rematar, estudarase a diversidade.
Tamén se analizará a importancia da igualdade de xénero na sociedade actual.

Esta fase axudarache a comprender mellor o mundo actual.

Ao final, poderanse crear materiais que expliquen:

  • como funciona a economía
  • como evoluciona a poboación
  • como cambia a sociedade

Todo isto en Galicia, España e na Unión Europea.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)