Saltar navegación

4.2. Reto 2: Charla informativa

Que tedes que facer?

Persoas reunidasNeste reto teredes que preparar unha charla informativa sobre os aspectos principais dos sectores económicos da Unión Europea e propoñer ideas de desenvolvemento económico e sostible ambientadas na vosa contorna tendo en conta a distribución da poboación e a demografía. A charla informativa debe estar apoiada por unha presentación dixital e conter mapas e gráficas.

Esta charla informativa será de moita axuda para as persoas acabadas de chegar á asociación.

Lectura facilitada

Traballaredes en grupo.
Debedes preparar unha charla informativa.

Na charla explicaredes:

  • os principais sectores económicos da Unión Europea
  • ideas para un desenvolvemento sostible
  • a distribución da poboación e a demografía

A charla debe incluír:

  • unha presentación dixital
  • mapas
  • gráficas

Esta información axudará ás persoas que acaban de chegar á asociación.

Obxectivos

Informe correcto

  • Dar a coñecer a realidade económica da Unión Europea.
  • Propoñer ideas de desenvolvemento económico sostible tendo en conta a realidade demográfica e o seu impacto no medio.
  • Ser capaz de elaborar información para a súa comunicación oral e producir ideas propias par a resolución de problemas.

Organización e preparación

1. Organización e preparación

  • Formar grupos de 3-5 persoas.
  • Distribuír roles: a persoa presentadora, a investigadora, a deseñadora de apoio visual...
  • Definir a mensaxe central da charla: que queredes que a audiencia aprenda ou comprenda.

2. Investigación e recollida de información

  • Buscar información sobre os sectores económicos e as súas características principais.
  • Recoller datos de poboación e demografía da contorna (densidade, distribución por idades, concentración urbana ou rural etc.).
  • Tomar notas sobre exemplos de desenvolvemento económico e sostible aplicables á contorna.

3. Estrutura da charla e presentación dixital

Decidir a orde da información na charla.

  • Introdución e presentación do sector económico.
  • Explicación da distribución da poboación e de aspectos demográficos.
  • Propostas de desenvolvemento económico e sostible adaptadas á contorna.
  • Mensaxe final clara e resumida.

Deseñar a presentación dixital con:

  • mapas que mostren a distribución da poboación ou localización de actividades económicas
  • gráficas que representen datos demográficos ou económicos
  • elementos visuais que faciliten a comprensión

4. Preparación e posta en práctica

  • Redactar frases curtas e claras para falar.
  • Ensaiar a charla, a coordinación coas diapositivas e os tempos.
  • Practicar a comunicación oral: entoación, mirar á audiencia e claridade na exposición.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)