
Aquí tes o teu diario de aprendizaxe. Con el poderás reflexionar e analizar o teu proceso de aprendizaxe. Cada fase ten unha entrada na que che lembrarán que accedas ao diario de aprendizaxe para ir cubrindo a información que piden.
Verás que hai entradas a unha reflexión individual e outras en grupo. Serven para que ti vexas como aprendes, o que necesitas mellorar, onde tes que poñer máis atención... Cúbreo prestando atención e lendo tranquilamente cada apartado. A por todas!