Saltar navegación

3.2. Enfocamos o obxectivo

Sabías que hai especies tan nosas que só existen aquí?

Igual que no mundo hai máis de 6000 linguas, en Galiza contamos cunha morea de especies animais. Se algo nos caracteriza é a diversidade na natureza. Le o seguinte artigo de Nós diario e reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre as que coñecías ou non, ademais, serás quen de engadir á listaxe algún outro nome?

Pasiño a pasiño

1. Colle o teu caderno.

2. Volve ler o artigo de Nós diario.

3. Subliña as ideas máis importantes.

4. Fai un esquema con estas ideas.

5. Redacta un resumo.

Mans á obra!

Lembras o que é un esquema? E un resumo?

Resumo:

- É unha breve representación do contido dun documento.

- Non debe ser máis dun cuarto do texto base.

- Non trates de plasmar todo o texto, quédate co importante.

- Non repitas o vocabulario empregado no texto principal.

Esquema:

- Representación dos elementos esencias dun escrito.

- Pode ser de frechas, chaves, caixas...

- Non debes empregar moitos termos en cada rama.

- Canto máis vistoso maior aprendizaxe!

Vai de animais!

En parellas, collede o voso caderno e a traballar:

1. Identifica o animal de cada imaxe.

2. Coa axuda do dicionario, procura as súas características principais: especie, alimentación, hábitos...

3. Crea unha oración con cada un deles.

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Quen son?

Dicionario de novas especies

Imos crear o noso propio dicionario de animais, isto é, o noso animalario. Cada un de vós tedes que crear un ser conxugando dous ou máis animais, formando así unha palabra composta. A continuación explica as súas características físicas, comportamento e alimentación e fai un debuxo del, semellante ao que tes no exemplo.

Comeza, como se vai chamar o teu ser? [Preme na imaxe para descargar]

Dicionario de novas especies
Creación propia (proxecto cREAgal). Dicionario de novas especies (CC BY-NC-SA)

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)