Glosario
Acotación
-
Definición:
-
Conxunto de indicacións que o autor ou autora propón para a correcta representación da obra, atendendo á escenografía, vestiario...
-
Exemplo:
-
As acotacións din que a actriz debe entrar pola dereita mentres soa a cantiga.
Equipo de imaxe
-
Definición:
-
Grupo de técnicas ou técnicos encargados do funcionamento dos dispositivos de gravación.
-
Exemplo:
-
O equipo de imaxe puxo en marcha as cámaras.
Equipo de montaxe

-
Definición:
-
Grupo de técnicas ou técnicos encargados da montaxe dos elementos necesarios para unha posta en escena concreta.
-
Exemplo:
O equipo de montaxe preparou no escenario o cuarto do protagonista.