Acadaremos o reto?
Chegou o momento, coa montaxe en marcha, as luces acendidas, a cámara gravando e a acción programada, estamos nun punto importante: toca practicar e practicar para o momento decisivo, o directo está a piques de comezar!
Para acadar este reto tiveches que subir diferentes chanzos, así que agora reflexiona no teu diario de aprendizaxe sobre todos os pasos que tiveches que dar e anota o que cres que che axudará a mellorar de cara á emisión.