A obra teatral comeza cun diálogo entre unha actriz e un actor.
Guión
Definición:
Texto onde aparecen recollidos os datos imprescindibles para a interpretación dunha obra.
Exemplo:
A actriz segue o guión para a súa actuación.
Monólogo
Definición:
Discurso dunha única persoa.
Exemplo:
Xiana fixo un monólogo humorístico na gala benéfica.
Xa se che acendeu a lámpada das ideas? Comezamos co reto
Agora si imos comezar a escribir o noso programa! En primeiro lugar imos crear grupos de 4 persoas, cada grupo vaise encargar dunha sección e así imos ter:
Unha sección de entrevistas do programa Zigzag. Ver dende o minuto 6:00 ao 11:00.
Unha sección de humor do programa Malicia noticias. Ver os 5 primeiros minutos.
Unha sección informativa do Telexornal. Ver os 5 primeiros minutos.
Unha sección de concurso do Atrápame se podes. Ver os 5 primeiros minutos.
Unha sección dun documental de Cos pés na terra. Ver dende o minuto 1:00 ao 6:00.
Unha vez escollida a sección tes que visualizar o exemplo correspondente tirado da TVG e anota no caderno algunha idea, posto que este será o punto de partida do reto.
Xa se che acendeu a lámpada das ideas?
Pois imos logo iniciar o guión. Para iso vas ter que crear monólogos e diálogos conxuntamente coas persoas do teu grupo e anotalos no teu caderno como se dunha obra de teatro se tratase.