Saltar navegación

2.2. Poñemos o foco no plató

Como se forman as palabras?

Todos os días empregas palabras, pero sabes como se forman? Descúbreo revisando a seguinte presentación: [Preme sobre a imaxe para descargar]

A formación de palabras
Creación propia (proxecto cREAgal). A formación de palabras (CC BY-NC-SA)

Poñemos o foco nos substantivos?

Identifica os substantivos do seguinte texto. Para iso terás que empregar o teu caderno.

Os axentes policiais de Lalalandia detiveron o seu panadeiro por empregar un pasamontañas para asaltar varios locais dun supermercado. Foi unha veciña, exparella deste traballador, quen advertiu dos roubos producidos ao ver movementos extraños na suplanta dun dos edificios.

Precisas axuda? Que era un substantivo?

Un substantivo é un tipo de palabra que serve para nomear calquera realidade, ben sexan obxectos, persoas, animais, sentimentos etc. 

Por exemplo: Éire, xornal, felicidade ou rabaño.

Fedellamos nas tripas das palabras?

Colle o teu caderno e clasifica as palabras segundo sexan simples, derivadas ou compostas. Logo, debes segmentalas atendendo aos seus constituíntes seguindo o exemplo:

Prazas: praza (lexema), -s (morfema flexivo de número)

Planazo: plan (lexema), -azo (morfema derivativo sufixo)

Sapoconcho: sapo (lexema)+ concho (lexema).

Opción 1

Axentes, locais, roubos, movementos, estraños, edificios.

Opción 2

Policiais, panadeiro, exparella.

Opción 3

Pasamontañas, supermercado, suplanta.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)