División en zonas que se fai dun territorio atendendo as súas características lingüísticas.
Exemplo:
Galiza divídese en tres bloques: oriental, central e occidental.
Esquimó
Definición:
Lingua pertencente á familia esquimo-aleutiana empregada fundamentalmente en América do Norte.
Exemplo:
En Alaska e Canadá emprégase para comunicarse o esquimó.
Variante dialectal
Definición:
Palabra ou pronunciación dunha lingua que se presenta de formas diferentes dependendo do lugar do territorio en que se encontre.
Exemplo:
A gheada é unha variante dialectal da miña zona.
Detectives do galego!
No mundo existe moita diversidade...
Unhas persoas son baixas, outras altas, hai cans de diferentes cores, árbores e flores variadas e un longo etcétera. Esta diversidade tamén se reproduce nas linguas e fai que existan feixes de linguas ao longo do noso planeta Terra, linguas tan coñecidas como o inglés e linguas tan pouco coñecidas como o esquimó. Ademais, dentro de cada lingua tamén temos diferenzas que fan que o falar de cada persoa sexa único.
É por iso que vas ter que descubrir despois de ver o seguinte vídeo, tirado do programa Malicia Noticias, se os protagonistas falan ou non a mesma lingua e se hai diferenzas na forma de falar entre eles.
Agora colle o teu caderno e fai unha táboa. Nela terás que poñer o nome dos personaxes que aparecen ao longo da secuencia e na segunda columna o tipo de galego que cres que falan.
Colle a túa lupa e imos aló!
Lectura facilitada
NO MUNDO HAI MOITA DIVERSIDADE
As persoas poden ser altas ou baixas.
Os cans teñen cores diferentes.
Hai moitas árbores e flores distintas.
As linguas tamén son diversas e existen moitas no mundo:
Pregunta: Os protagonistas falan a mesma lingua? Como falan?
Agora, colle o teu caderno!
- Debuxa unha táboa.
- Na primeira columna, escribe os nomes dos personaxes.
- Na segunda columna, escribe o tipo de galego que cres que falan.
Colle a túa lupa e imos investigar!
Audio
Que son os dialectos do galego?
Despois de escoitares as diferentes maneiras de falar que ten a nosa lingua imos intentar clasificalas. Para iso empregarás a seguinte presentación que nos vai mostrar as variantes dialectais do galego. Estate atenta ou atento! [Preme sobre a imaxe para descargar a presentación]
Creación propia (proxecto cREAgal). As variantes dialectais(CC BY-NC-SA)
E ti de onde vés sendo?
Creación propia (proxecto cREAgal). Mapa de Galicia(CC BY-NC-SA)
Chegou a túa quenda! O mapa que tes nas túas mans debes de cores encher e para iso a presentación anterior debes volver ver. Lembra seguir estas instrucións:
Sinala cun punto onde está o teu lugar de orixe.
Marca no mapa os 3 bloques dialectais do galego en diferentes cores
No interior de cada bloque escribe 4 características dialectais coas cores antes utilizadas.
Escribe cando menos dous termos que permitan exemplificar cada unha das características.
Agora xa podes responder de onde vés sendo tendo en conta a túa maneira de falar!