Saltar navegación

5.1. Preparados

Metémonos no papel!

Cada grupo deberá facer un primeiro ensaio apoiándose no guión previamente realizado no caderno de aulas, mais sen moverse do sitio nin caracterizarse terán que pór en práctica as súas habilidades orais para ir construíndo o programa en directo.

Atrevédesvos con esta primeira proba?

Creamos o noso teleprompter

Co guión feito e as primeiras prácticas realizadas, quedan os últimos retoques. En televisión é habitual o empregar un aparello denominado teleprompter. Trátase dunha especie de televisión que reflicte o texto que os presentadores e as presentadoras deberán seguir na emisión. Entre outras, podedes empregar a aplicación de Teleprompter online para ter a axuda necesaria para a emisión en directo. Os pasos que hai que seguir son:

  • Abre a aplicación.
  • Escribe o texto do guión.
  • Modifica o tamaño da letra ao teu gusto.
  • Modifica a velocidade e duración de cada unha das tarxetas.
  • Indica se prefires que o texto se vexa en espello ou á reversa.
  • Reproduce, pausa ou detén o texto segundo consideres.
  • Se precisas máis información podes ler o manual de instrucións.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)