Tes que utilizar a palabra ovo xa que huevo é un castelanismo.
Ortografía
Definición:
Conxunto de regras que rexen a escrita dunha lingua.
Exemplo:
Se queres ter unha boa ortografía debes saber que "hoxe" se escribe con h.
Estándar
Definición:
Modelo de referencia que se emprega nunha lingua, sobre todo, na súa escrita.
Exemplo:
Os libros en galego escríbense tendo en conta o estándar da nosa lingua.
Correctores do galego? Continuamos co reto
Imos seguir a elaborar o noso reto... para iso tedes que coller o guión que escribistes entre as persoas do voso grupo.
En apartados anteriores, traballamos coas diferentes variedades dialectais do galego que se dan na fala oral; imos pasar a ver a variedade estándar que é a que empregamos, sobre todo, na escrita.
A variedade estándar defínese entre outros por estar:
Libre de castelanismos
Con boa acentuación
Con boa ortografía (v/b, h, x)
Con boa puntuación
Así pois ides convertervos en correctores/as do galego! Os grupos intercambiarédesvos os vosos cadernos, revisaredes os guións e corrixiredes as faltas de ortografía que consideres oportunas! Lembra utilizar o dicionario ou preguntarlle á túa profesora ou profesor en caso de dúbida!
Lectura facilitada
IMOS SEGUIR CO NOSO RETO!
Agora toca revisar o guión que escribistes en grupo.
- Antes falamos das variedades dialectais do galego na fala oral.
- Agora imos ver a variedade estándar, que usamos sobre todo na escrita.
A variedade estándar debe ser:
- Sen castelanismos.
- Acentos correctos.
- Ortografía correcta.
- Boa puntuación.
Agora toca corrixir!
Que tedes que facer?
Intercambiade os cadernos cos outros grupos.
Revisade os guións e buscade erros de ortografía.
Usade o dicionario ou preguntade á profesora ou profesor se tedes dúbidas.