Glosario
Dicionario
-
Definición:
-
Conxunto de palabras xeralmente organizadas de maneira alfabética e definidas atendendo aos distintos campos do saber.
-
Exemplo:
-
Xiana pescuda no dicionario o termo 'decodificar'.
Diversidade lingüística
-
Definición:
-
Conxunto de linguas que se poden atopar tanto como nunha área específica como a nivel mundial.
-
Exemplo:
-
Na aula existe unha clara diversidade lingüística: Xoán fala galego, Lois castelán, Xinyi chinés e Bruna brasileiro.
Prexuízo
-
Definición:
-
Idea que se ten de algo ou alguén sen coñecemento previo da súa realidade.
-
Exemplo:
-
Que as mulleres non son científicas é un prexuízo.
Propiedades textuais
-
Definición:
-
Conxunto de elementos que debe cumprir un texto para ter sentido pleno.
-
Exemplo:
-
O enunciado ‘’A nena están cansas’’ non cumpre as propiedades textuais.
Xénero teatral
-
Definición:
-
Forma literaria que ten como fin último a representación.
-
Exemplo:
-
A obra Os vellos non deben de namorarse pertence ao xénero teatral.