O primeiro que debedes facer é xuntarvos en grupos de 3 ou 4 persoas.
Cada grupo debe escoller un ou unha personaxe que vivise na época da conquista de América. Pode ser:
- Un explorador ou unha exploradora: alguén que chega ás novas terras en busca de riqueza ou aventura.
- Un misioneiro ou unha misioneira: unha persoa relixiosa que tenta converter ás persoas indíxenas á fe cristiá.
- Un ou unha indíxena: alguén que vive nesas terras e experimenta a chegada das persoas europeos.
- Unha persoa colona galega: alguén que emigra desde Galicia a América para buscar unha nova vida.
Para realizar o reto, seguide estes pasos:
1. Planificar o diario
Cada diario terá 5 entradas e cada entrada terá entre 8 e 10 liñas.
Seguide esta estrutura para organizar o que escribiredes:
- Primeira entrada: Presentade a vosa personaxe. Quen é? De onde vén? Como chegou a América?
- Segunda entrada: Explicade os vosos primeiros contactos coas novas terras e persoas. Que vos chamou a atención? Como era a sociedade ou a política?
- Terceira entrada: Contade os problemas ou retos que tivo a vosa personaxe. Houbo explotación económica, conflitos ou enfermidades?
- Cuarta entrada: Reflexionade sobre os cambios que estades vendo ao voso redor. Como afectan á vosa vida ou á das demais persoas?
- Quinta entrada: Escribide un final. Como remata a vosa historia? Que pensades sobre o futuro?
2. Reparto do traballo
Repartide as 5 entradas entre as persoas do grupo.
Falade entre vós para que todas as entradas conten a mesma historia e sexan coherentes.
3. Aplicar o aprendido con creatividade
Poñédevos na pel da vosa personaxe. Imaxinade o que sentiría, como falaría e o que podería contar.
Usade o que aprendemos na clase sobre:
- Organización política (exemplo: imperio azteca ou inca).
- Explotación económica (encomenda, mita, etc.).
- Organización social (persoas indíxenas, crioulas, peninsulares...).
- Cambios relixiosos e culturais.