Glosario
Encomenda
-
Definición:
-
Sistema polo cal a unha persoa conquistadora se lle asignaban unhas terras e un número de indíxenas para que as traballasen, a cambio de darlles alimento, protección e adoutrinalos no cristianismo
-
Exemplo:
-
As persoas conquistadoras implantaron a encomenda como sistema de traballo forzado para a poboación indíxena americana.
Facenda
.png)
-
Definición:
-
Explotación agraria que inclúe as terras de labor e as vivendas ou construcións que dependen dela. É un sistema de orixe hispana que se levou a América coa conquista.
-
Exemplo:
-
A produción agraria das facendas constituía unha importante base para a economía colonial.
Mestizaxe

-
Definición: -
Mestura de diferentes etnias e culturas, especialmente entre a poboación europea e a indíxena de América.
-
Exemplo:
-
Durante a colonización de América foi frecuente a mestizaxe entre a poboación nativa e as persoas conquistadoras.
Metrópole

-
Definición:
-
Estado que administra e explota unha colonia.
-
Exemplo:
-
Castela era a metrópole dos territorios americanos conquistados.
Mita

-
Definición:
-
Na América colonial, sistema de explotación en que a poboación indíxena era obrigada a traballar nas minas, en condicións moi duras e con pouca remuneración.
-
Exemplo:
-
A mita tivo un impacto moi significativo na estrutura social da poboación indíxena.
Monopolio

-
Definición:
-
Explotación ou uso exclusivo dalgunha actividade económica ou comercial.
-
Exemplo:
-
Castela tiña o monopolio do comercio coas súas colonias de América.






