Como podemos resolver o reto?
Cando comezamos esta viaxe, formulouse unha pregunta: que opinión temos sobre a conquista de América? Foi un feito positivo ou negativo? Que consecuencias tivo? É xusto ou necesario que a España de hoxe asuma as consecuencias dos feitos do pasado?
Podemos responder a estas preguntas de maneiras diversas, por iso, para resolver o reto final tes que escoller unha das actividades propostas no apartado 1.2. Non as lembras? Volve alí para refrescar a memoria.
A continuación, nos seguintes apartados terás a información detallada para poder superar cada unha das opcións de reto.
Ánimo, ti podes!
Lectura facilitada
Cando comezamos, preguntámonos:
- Que pensamos da conquista de América?
- Foi algo positivo ou negativo?
- Que consecuencias tivo?
- A España de hoxe debería asumir as consecuencias do pasado?
Para o reto final, escolle unha actividade do apartado 1.2. Non a lembras? Volve alí para vela.
Nos seguintes apartados tes toda a información para superar o reto.
Ánimo, ti podes conseguilo!