A recta final
Agora que xa temos os nosos traballos finais feitos, expostos e compartidos, chega o momento de facer unha reflexión final sobre todo o que aprendemos neste proceso.
Seguramente, despois do traballo feito, comprendes mellor a importancia de investigar o pasado para comprender a realidade do noso presente e ter unha opinión crítica e analítica sobre a actualidade.
Na recta final, temos que revisar o traballo realizado, tanto individualmente como en grupo, e os contidos que aprendemos. Esta revisión permitirache valorar todo o teu traballo e o teu proceso de aprendizaxe, e algo moi importante, reflexionar para mellorar o teu rendemento á hora de enfrontarte a outras novas tarefas ou retos.
A seguinte infografía axudarache a recordar todo o aprendido:

